Eva Herzigová
Eva Herzigová | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 10 de marzo de 1973 e 12 de marzo de 1973 |
Lugar de nacemento | Litvínov |
Nacionalidade | República Checa |
Ocupación | modelo, actriz e actriz de cinema |
Cónxuxe | Tico Torres |
Na rede | |
https://evaherzigova.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Eva Herzigová, nada en Litvínov o 10 de marzo de 1973 é unha supermodelo e actriz checa.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Herzigová naceu en Litvínov, entón en Checoslovaquia, filla dunha contable e un electricista.[1] Comezou a traballar como modelo tras gañar un concurso de beleza en Praga en 1989. Foi membro de Metropolitan Models, de Thomas Zeumer.[2]
Tras chegar a París, a súa popularidade aumentou. A súa primeira aparición importante como modelo foi para a primeira campaña do Wonderbra. En 1994, o executivo de publicidade Trevor Beattie, que traballaba para TBWA/London, creou un anuncio para a campaña "Hello Boys" de Sara Lee. Incluía un primeiro plano de Herzigová levando un Wonderbra negro. O anuncio empregaba só dúas palabras: "Hello boys" ("Ola, rapaces"). O influente póster mostrouse nunha exposición no Victoria and Albert Museum de Londres[3] e foi votado no número 10 nun concurso do "Póster do Século".[4] O cartel foi votado en 2011 como o anuncio máis icónico das cinco décadas anteriores por parte de Outdoor Media Centre.[5]
Herzigová tamén participou en campañas para Guess?, o catálogo de Victoria's Secret e Sports Illustrated. Apareceu en numerosas revistas de moda internacionais, tendo portadas en Vogue, Harper's Bazaar, Elle, Marie Claire, Numéro e Allure. Desfilou para diferentes deseñadores como Louis Vuitton, Benedetta Dubini, Giles Deacon, Emilio Pucci e Versace.
Herzigová protagonizou un filme artístico sobre moda de Imagine Fashion chamado Decadent Control con Roberto Cavalli. Amosaba creacións de Agent Provocateur e H&M. Herzigová posou para a edición de agosto de 2004 de Playboy.[6] En 2006, interpretou a Venus na cerimonia inaugural dos Xogos Olímpicos de Inverno. En 2016, Herzigová apareceu en campañas para Giorgio Armani e Dior Beauty.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Herzigová casou con Tico Torres, batería de Bon Jovi, en setembro de 1996.[7] A parella divorciouse en xuño de 1998.[8]
Herzigová ten tres fillos con Gregorio Marsiaj: George (nado o 1 de xuño de 2007), Philipe (nado o 13 de marzo de 2011) e Edward (nado o 20 de abril de 2013).[9][10]
Filmografía[editar | editar a fonte]
Título | Ano | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
Inferno | 1992 | Telefilme | |
Les Anges gardiens | 1995 | Tchouk Tchouk Nougat | |
My Best Friend's Wife | 1998 | Frida Seta | |
Just for the Time Being | 2000 | Christine | |
Modigliani | 2004 | Olga Khokhlova | |
The Picture of Dorian Gray | 2005 | sen acreditar | |
Eva | 2005 | ela mesma | curtametraxe de Gaspar Noé |
Girl Panic! | 2011 | Nick Rhodes | vídeo musical de Duran Duran |
Cha cha cha | 2013 | Michelle | |
Storyteller | 2014 | ||
A Prominent Patient | 2017 |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Anderson, Hephzibah (8 de xuño de 2008). "Eco Herzigova". The Guardian. Consultado o 26 de xullo de 2019.
- ↑ "Amerikas Superstar "50 Cent" bei Saadi Gaddafi". Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2007. Consultado o 17 de xaneiro de 2008.
- ↑ "Power of the poster reveals a bigger picture". The Independent (UK). 2 de marzo de 1998. Arquivado dende o orixinal o 5 de outubro de 2007. Consultado o 22 de xuño de 2007.
- ↑ Gibson, Janine (16 de outubro de 1999). "Tory advert rated poster of the century". Londres: The Guardian Unlimited. Consultado o 22 de xuño de 2007.
- ↑ "Eva Herzigova’s Wonderbra campaign voted the most iconic ad". International Business Times. 5 de abril de 2011. Consultado o 14 de novembro de 2011.
- ↑ Hefner, Hugh, ed. (1 de agosto de 2004). "Playboy Magazine, August 2004". Playboy – vía Amazon.
- ↑ Vogue
- ↑ "Supermodel Eva Herzigova splitting with hubby". CNN. 16 de xuño de 1998. Consultado o 26 de xullo de 2019.
- ↑ Barnett, Leisa (29 de maio de 2008). "Eva Herzigova wants son to be a linguist". Vogue. UK. Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2011. Consultado o 14 de abril de 2011.
- ↑ "Eva Herzigova Gives Birth To Second Child" Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. 29 de marzo de 2011, Star Pulse.com
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eva Herzigová ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial
- Eva Herzigová en Fashion Model Directory