Eva Aguayo Lorenzo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1970 (53/54 anos) |
Actividade | |
Ocupación | economista |
Empregador | Universidade de Santiago de Compostela (2009–) |
Eva Aguayo Lorenzo é unha profesora universitaria e investigadora galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Eva Aguayo é doutora en Economía e máster en Economía Sectorial Internacional pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), onde exerce como Profesora do Departamento de Economía Cuantitativa da USC.[1]
Obtivo o primeiro premio na segunda edición dos Premios á Introdución da perspectiva de xénero na docencia da USC.
Desde 2012 dirixe a Oficina de Igualdade de Xénero da Universidade de Santiago de Compostela, sendo a responsable da elaboración do Segundo Plan de Igualdade (2014-2020) e do Terceiro Plan de Igualdade (2021-2024)[2] e do Protocolo fronte ao acoso sexual e por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero, levando a cabo ademais distintas accións para promover as vocacións femeninas nas disciplinas CTEM como o programa Unha enxeñeira ou científica en cada cole, e a introdución da perspectiva de xénero na docencia e na investigación. É parte activa na Xornada Universitaria Galega en Xénero das tres universidades públicas galegas.
Socia fundadora en 2015 da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas en Galicia, AMIT-Gal, nodo galego da asociación AMIT, do que foi secretaria,
Forma parte do Consello do CIFEX.[3]
Obra
[editar | editar a fonte]Libros colectivos
[editar | editar a fonte]- II Xornada Universitaria Galega en Xénero (2014). Universidade da Coruña. ISBN 978-84-9749-599-8.
- Trazos de xénero no século XXI: III Xornada Universitaria Galega en Xénero, Pontevedra, 5 de xuño 2015 (2015). Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-694-7.
- Transformando dende a universidade: V Xornada Universitaria Galega en Xénero, XUGeX (2017). Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-766-1.
- (Re)construíndo o coñecemento: A Coruña, 14 de xuño de 2019 (2019). Universidade de Santiago, Coruña e Vigo. ISBN 978-84-9749-758-9.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "ponentes. XII Encuentro de Igualdad 2019". web.ua.es. Consultado o 2022-04-19.
- ↑ "III III Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes da USC". Servizo de Publicacións e Intercambio Científico. Consultado o 2022-04-19.
- ↑ "CIFEX - cifex.usc.gal". cifex.usc.gal. Consultado o 2023-12-02.