Eustacio Macrembolita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Eustacio (Eusthatius, Εὐστάθιος) foi un escritor ou novelista erótico bizantino que tamén aparece citado como Eumacio (Eumathius).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Non se sabe se naceu en Μακρεμβολίτης (que xeralmente se refire a Constantinopla) ou en Παρεμβολίτης, (a cidade exipcia de Parémbolis), pero a primeira é a máis probábel. Parece que era un home de alto rango e exercía algún oficio destacado na administración (πρωτονωβελέσιμος e μέγας χαρτοφύλαξ, ou xefe dos arquivos). A súa época é descoñecida pero parece que non viviu antes do século XII. A novela que escribiu titúlase Τὸ καθ'Ὑσμίνην καὶ Ὑσμινίαν δρᾶμα, e está formada por once libros e é unha historia de amor entre Ismine e Isminia, personaxes predispostos á sensualidade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]