Saltar ao contido

Eurostar 1000

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O bus Eurostar 1000 é un tipo de bus para satélites fabricado en Francia por Matra Marconi.[1][2]

Características

[editar | editar a fonte]

O bus Eurostar 1000 é a primeira xeración de buses fabricados por Matra Marconi. Está pensado para satélites na órbita xeoestacionaria, principalmente para satélites de comunicacións. Usouse exclusivamente nos catro satélites da serie Inmarsat 2, adicados a proporcionar comunicacións civís, cunha masa duns 1300 kg cada un.[1][2]

  1. 1 2 Mark Wade (2020). "Eurostar 1000" (en inglés). Consultado o 21 de marzo de 2020.
  2. 1 2 Gunter Dirk Krebs (2019). Gunter's Space Page, ed. "Matra Marconi: Eurostar-1000" (en inglés). Consultado o 21 de marzo de 2020.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]