Rede Europea de Orquestras Folk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «European Network of Folk Orchestras»)

A Rede Europea de Orquestras Folk (ENFO, coas siglas en inglés de European Network of Folk Orchestras) é un proxecto do concello de Vigo a través da escola de Música Folk e Tradicional, E-Trad cuxo obxectivo é vincular dun xeito estable institucións educativas e orquestras no ámbito da música folk e tradicional europea.

Socios da ENFO[editar | editar a fonte]

Os socios acuais da Rede Europea de Orquestras Folk son E-Trad, a Fundación SondeSeu (Galicia),[1] a Sibelius Academy (Finlandia), a asociación Artemotiva (Italia)[2] e a Royal Scottish Academy of Music and Drama (Escocia)

Actividades[editar | editar a fonte]

A Rede Europea de Orquestras Folk está incluída no programa da EACEA Culture 2013. No período comprendido entre marzo de 2010 e marzo de 2012 a Rede Europea de Orquestras Folk creou un catálogo europeo de escolas e orquestras, unha guía para a creación de orquestras, unha guía de contidos para escolas de música tradicional e folk de dstintos niveis educativos e un plan de negocio que asegure a súa consolidación. Do mesmo xeito celebra concertos públicos e encontros de traballo entre os seus socios nas cidades de Vigo, Aosta e Helsinqui.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "ENFO". Consultado o 8 de xuño de 2018. 
  2. "Vigo converterase na capital da Rede Europea de Orquestras Folk, ENFO". El Correo Gallego. 26 de febreiro de 2010. Consultado o 26 de xuño de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]