Eurocephalus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Eurocephalus

Eurocephalus anguitimens pousado no chan,
no Parque Nacional de Marakele, Suráfrica
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Suborde: Oscines
Infraorde: Corvida
Superfamilia: Corvoidea
Familia: Laniidae
Xénero: Eurocephalus
A. Smith, 1836
Especie tipo
Eurocephalus anguitimens A. Smith, 1836
Especies e Subespecies
Véxase o texto
Área de distribución das especies:
arriba, E. ruppelli; abaixo, E. anguitimens

Eurocephalus é un xénero de ave da orde dos paseriformes, infraorde dos Corvida, suborde dos oscines e familia dos lánidos.

Este xénero inclúe unicamente dúas especies de picanzos que se distribúen pola África subsahariana.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1836 polo cirurxián, médico militar, explorador etnólogo e zoólogo escocés Andrew Smith,[1] na páxina 52 da súa obra Report of the expedition for exploring central Africa from the Cape of Good Hope. Literalmente, 'os de cabeza ancha'.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome Eurocephalus está formado polos elementos do latín científico euro-, e -cephalus, ambos tirados do grego antigo. O perimeiro elemento é un calco de εὐρύς eyrýs, 'amplo', 'ancho'; e o segido deriva de κεφαλή kephalḗ, 'cabeza'.[2]

Especies[editar | editar a fonte]

Como quedou dito, o xénero conta con dúas especies:[1]

Subespecies[editar | editar a fonte]

Na primeira das especies recoñécense dúas subespecies:[3]

  • Eurocephalus anguitimens anguitimens A. Smith, 1836
  • Eurocephalus anguitimens niveus Clancey, 1965

A segunda non ten subespecies.[4]

Características[editar | editar a fonte]

Son aves grandes, de cor parda escura e branca. Unha das súas características máis típicas é a cro branca pura da parte superior da cabeza, ao que alude o seu nome inglés white-crowned shrike (picanzo de coroa branca).

En ambas as especies, os sexos son similares na plumaxe, e os adultos diferéncianse dos inmaturos. Ao contrario que os picanzoa do xénero Lanius, son aves gregarias (como outros picazos africanos), e teñen un voo semellante ao dos papagaios.

Encóntranse nas sabanas e en hábitats forestais abertos. Como o resto dos picanzos pousan ergueitos nalgunha póla dun arbusto ou dunha árbore desde onde poidan ver o territorio circundante.

Polo xeral aliméntanse de insectos grandes pero, ocasionalmente, tamén poden comer froitos caídos ao solo.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]