Saltar ao contido

Eureka!

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eureka!
Imaxe
 Instancia de
Características
 Lingua
Implicados
 Autor/a
Datas
 Fundación / creación
século III a. C. Editar o valor en Wikidata
Localización
 Localización
 Xurisdición
 País
Códigos e identificadores
Freebase/m/087kr0 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons
Ilustración do século XVI de Arquímedes no baño, coa coroa de Hierón na parte inferior dereita.

Eureka![1] (en grego: εὕρηκα héurēka, "Descubrino!"; perfecto indicativo de εὑρίσκω heurisko, ‘descubrir’) é unha famosa interxección atribuída ó matemático grego Arquímedes de Siracusa.[2][3] A exclamación «eureka» é utilizada hoxe en día como celebración dun descubrimento, achado ou consecución que se busca con afán.[4]

A historia conta que Arquímedes pronunciou esta palabra tras descubrir que o volume de auga que ascende é igual ó volume do corpo mergullado. Isto deulle a solución ó problema de medir o volume de corpos irregulares e permitiulle saber se a coroa do rei Hierón II estaba feita de ouro puro ó calcular a súa densidade a partir da masa xa coñecida. Este achado realizouno mentres se atopaba mergullado na bañeira e tal foi a súa alegría que saíu correndo ás rúas de Siracusa espido berrando Eureka! (‘Descubrino!’).

A Liga Matemática da Asociación Nacional de Estudantes de Matemáticas promove o momento Eureka! a través do seu formato.[5]

  1. Definición de eureka! no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. "Arquímedes y su famoso Eureka". Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2016. Consultado o 11 de decembro de 2017.
  3. "Significado de Eureka!". Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2017. Consultado o 11 de decembro de 2017.
  4. "eureka". Espasa.
  5. "Al estilo Eureka, así funciona la Liga Matemática de la Asociación Nacional de Estudiantes de Matemáticas". Estadio Deportivo (en castelán). 2024-05-04. Consultado o 2025-07-01.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]