Euphemia Lofton Haynes
Martha Euphemia Lofton Haynes, nada en Washington, D.C., o 11 de setembro de 1890 e finada na mesma cidade o 25 de maio de 1980, foi unha matemática e educadora estadounidense. Está considerada a primeira muller afroamericana en obter un doutoramento en matemáticas, pola Universidade Católica de América, en 1943.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Euphemia Lofton foi a única filla de William S. Lofton, dentista e financeiro, e Lavinia Day Lofton. Ela foi a mellor estudante da M Street High School en 1907. Posteriormente graduouse na Escola Normal Miner de Washington, D.C., con distinción, en 1909.[2] Continuou estudando para obter un pregrao en matemáticas (e un grao secundario en psicoloxía) na Universidade Smith en 1914. En 1917 casou con Harold Appo Haynes. Obtivo unha mestría en educación da Universidade de Chicago en 1930.
En 1943 obtivo o seu doutoramento na Universidade Católica de América cunha disertación, supervisada por Aubrey Landrey, titulada “A Determinación de Conxuntos de Condicións Independentes que Caracterizan Certos Casos Especiais de Correspondencias Simétricas”.[1][2]
A Dra. Haynes "contribuíu enormemente co sistema educativo do Distrito de Columbia".[2] Ensinou nas escolas públicas de Washington, durante 47 anos, e en 1966 converteuse na primeira muller en presidir a Xunta de Educación do estado. Ensinou primeiro grao nas escolas Garrison e Garfield, e matemáticas en Armstrong High School. Ensinou matemáticas e desempeñouse como directora do Departamento de Matemáticas en Dunbar High School. Haynes foi profesora de matemáticas no Colexio Universitario Miner’s Teachers College, onde foi presidenta da División de Matemáticas e Educación Empresarial, un departamento que ela creou.
Retirouse en 1959 do sistema de escolas públicas, pero pasou a establecer o departamento de matemáticas do Colexio Universitario para Mestres do Miner (Miner´s Teachers College). Tamén ocasionalmente ensinaba a tempo parcial na Universidade Howard. Haynes estivo involucrada en moitas actividades comunitarias. Foi vicepresidenta primeira do Consello Arquidiocesano de Mulleres Católicas, presidiu a Xunta Asesora da Casa da Veciñanza Fides, o Comité de Benestar Social Internacional, o Comité Executivo da Asemblea Nacional de Benestar Social, foi secretaria e membro do Comité Executivo do Consello de Saúde e Benestar de D.C.. Participou nos comités locais e nacionais da Organización de Servizo Unido (United Service Organization), foi membro da Conferencia Nacional de Cristiáns e Xudeus, do Consello Interracial Católico de Washington, da liga Urbana (Urban League), NAACP, da liga de Mulleres Votantes (League of Women Voters), e da Asociación Americana de Mulleres Universitarias. Ademais, o papa Xoán XXIII outorgoulle a condecoración de honra papal, Prol Ecclesia et Pontifice, en 1959.[3]
Haynes morreu dun ataque cardíaco o 25 de xullo de 1980 na súa cidade natal. Establecera un fondo fiduciario para apoiar unha cátedra e un fondo de préstamos estudantís na Escola de Educación, outorgando 700 000 dólares á Universidade Católica. Os seus papeis familiares atópanse nos arquivos da Universidade Católica.[2]
En 2004, a escola pública E.L Haynes Charter en Washington, D.C. foi nomeada así na súa honra.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Larry Riddle, Euphemia Lofton Haynes, Biographies of Women Mathematicians at Agnes Scott College".
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Mazzenga, Maria (4 de febreiro de 2016). "The Archivist's Nook: African American History? You're Standing On It". The Catholic University of America. Consultado o 8 de febreiro de 2016.
- ↑ Verdejo Rodríguez, Amelia (20 de xullo de 2015). "Primera mujer afroamericana doctorada en matemáticas | Vidas científicas". Consultado o 12 de setembro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Family papers held at the Catholic University of America
- Biography (with multiple photos) by Susan Kelly, Carly Sinners, Katherine Zoroufy: Euphemia Lofton Haynes: Bringing Education Closer to the "Goal of Perfection"
- Williams, Scott W. (1 de julio de 2001). "Martha Euphemia Lofton Haynes, first African American woman mathematician". Mathematicians of the African diaspora. Consultado o 21 de mayo de 2014.
- Martha Euphemia Lofton-Haynes: Mathematician, Educator, and MentorArquivado 20 de marzo de 2019 en Wayback Machine.
- Robin Weatherl, Euphemia L. Haynes, Leading the Way for Women in Mathematics, The Young Women's Online Journal of Teaching and Learning Mathematics