Eunice Newton Foote

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEunice Newton Foote
Biografía
Nacemento17 de xullo de 1819 Editar o valor em Wikidata
Goshen (Connecticut), Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte30 de setembro de 1888 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Lenox, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaGreen-Wood Cemetery (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónEmma Willard School (en) Traducir
Instituto Politécnico Rensselaer Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncientífica , inventora , climatóloga , física , activista polos dereitos das mulleres Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeElisha Foote (pt) Traducir , morte do cónxuxe Editar o valor em Wikidata
FillosMary Foote Henderson (pt) Traducir, Augusta Foote Arnold (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Newton-8956 Find a Grave: 102362994 Editar o valor em Wikidata

Eunice Newton Foote, nada en Goshen, Connecticut, o 17 de xullo de 1819 e finada en Lenox, Massachusetts, o 30 de setembro de 1888, foi unha climatóloga e inventora estadounidense, tamén defensora dos dereitos das mulleres de Seneca Falls, Nova York.[1] Foi unha destacada investigadora que descubriu unha clave para entender o efecto invernadoiro, o cambio climático, a ciencia do clima e a meteoroloxía.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Eunice Newton naceu en 1819 en Goshen (Connecticut), creceu en Bloomfield, Nova York, e asistiu ao Troy Female Seminary en 1836-37 onde estudou a teoría científica impartida por Amos Eaton. A súa nai era Thirza Newton.[3] O seu padre era Isaac Newton Jr., procedente de Goshen, que máis tarde foi agricultor e emprendedor en East Bloomfield, Nova York.[4][5]Tivo seis irmás e cinco irmáns.[6]

De 1836 a 1838 Eunice estudou no Troy Female Seminary, que máis adiante se chamou Emma Willard School. Os estudantes do seminario podían atender a clases dunha facultade de ciencias próxima que posteriormente se converteu no Rensselaer Polytechnic Institute,[7] onde Foote aprendeu os fundamentos de química e bioloxía. Alí foi influída polos libros de texto de Almira Hart Lincoln Phelps, irmá de Emma Willard, que foi unha pioneira das mulleres na ciencia, unha experta botánica e a terceira muller membro da AAAS.[8] Porén, Foote careceu da vantaxe dunha boa formación en física experimental, en parte consecuencia da desigualdade de xénero do seu tempo e en parte polo desenvolvemento da ciencia estadounidense en comparación coa británica e europea.[2][9]

Activista[editar | editar a fonte]

Foi membro do Comité Editorial para a Convención de Seneca Falls de 1848, a primeira convención de dereitos das mulleres; Foote foi unha das asinantes da Declaración de Seneca Falls (Declaration of Sentiments). Asinou co seu marido Elisha Foote e foi unha de cinco mulleres que prepararon os procedementos para a súa publicación.

Obra científica[editar | editar a fonte]

Concentracións de dióxido de carbono e relación coa variación de temperatura nos últimos 420 000 anos

Foote levou a cabo unha serie de experimentos que demostraban as interaccións dos raios do sol sobre diferentes gases.

Usou unha bomba de ar, catro termómetros e dous cilindros de vidro. Colocou dous termómetros en cada cilindro e coa bomba de ar evacuou o ar dun cilindro e comprimiuno no outro. Permitiu que os dous cilindros acadasen a mesma temperatura e colocounos despois ao sol para medir a variación da temperatura en diferentes condicións de humidade. Realizou o experimento con CO2 (anhídrido carbónico), ar e hidróxeno.[10] Dos gases que probou Foote concluíu que o que atrapaba máis calor era o CO2 acadando unha temperatura de 51,7 °C.[11]

Sobre este experimento afirmou:

The receiver containing this gas became itself much heated—very sensibly more so than the other—and on being removed [from the Sun], it was many times as long in cooling.
O recipiente que contiña este gas quentouse moito máis que os outros e tras retiralo do sol tardou varias veces máis tempo en arrefriar.
Eunice Newtor Foote[12]

O profesor Joseph Henry presentou en 1856 na Asociación Estadounidense para o Avance da Ciencia o resultado dos experimentos de Foote con cilindros quentados ao sol cheos de diferentes gases titulado Circumstances affecting the heat of the sun's rays (“Circunstancias que afectan á calor dos raios de sol”).[13][14] A maioría de divulgadores coincidiu en sinalar a discriminación de xénero da época como causa de que Foote non presentase o seu propio resultado, mais o certo é que as mulleres non tiñan prohibido realizar as súas propias presentacións, como demostrou a propia Foote presentando o seu segundo artigo na Asociación en 1857 despois de que o seu marido Elisha Foote se convertese en membro o ano anterior por recomendación de Joseph Henry.[15]

O profesor Henry presentou o documento coas seguintes palabras:

Science was of non country and of non sex. The sphere of woman embraces not only the beautiful and the useful, but the true
A ciencia non era de ningún país e non tiña sexo. A esfera da muller abrangue non dó o belo e o útil, senón o verdadeiro.
Joseph Henry[14]

Foote descubriu que o ar rarificado nun cilindro se quentaba menos que o ar a presión normal e que, polo contrario, o ar húmido se quentaba máis. E algo máis interesante aínda; nas súas propias palabras, “o maior efecto o atopei no gas ácido carbónico”.[16]

Coñecedora do debate sobre as causas do clima cálido e húmido do Devónico tardío e o inicio do Carbonífero, hai uns 360 millóns de anos, caeu na conta de que en dito período a atmosfera albergaba un alto contido en CO2, concluíndo, nas súas propias palabras, que:

An atmosphere of that gas would give to our earth a high temperature; and if, as some suppose, at one period of its history, the air had mixed with it a larger proportion than at present, an increased temperature from its own action, as well as from increased weight, must have necessarily resulted.
Unha atmosfera dese gas podería darlle á nosa Terra unha elevada temperatura; e como algúns supoñen, nalgún período da súa historia, o ar estivo mesturado neste nunha proporción maior que a actual, co que debería ter resultado necesariamente nun incremento da temperatura provocada pola súa propia acción e polo aumento do peso do ar.
Eunice Newtor Foote[17][13][16][18]

Eunice Foote anticipouse en tres anos aos experimentos do físico e químico británico de orixe irlandesa John Tyndall, ao que se considerou o descubridor do efecto do CO2 na atmosfera[13] e que probablemente o irlandés utilizou como base 3 anos despois.[19][2] Non obstante, a montaxe experimental de Foote non separaba o visible do infravermello no espectro da luz solar, á parte de que o propio efecto invernadoiro provocado polos recipientes de cristal podería influír nos resultados.[9][20][21] Tyndall foi moito máis coidadoso e utilizou unha fonte de raios escuros (como se denominaba entón o infravermello) e illou o gas que ía estudar nun tubo de latón tapado por ambos os extremos con cristais de sal, con obxecto de deixar pasar todo o infravermello e demostrar así máis aló de toda dúbida razoable que o CO2 absorbía neste rango do espectro quentando o gas do recipiente.[22]

Eunice Foote realizou a súa última investigación documentada en 1858, unha publicación sobre as propiedades eléctricas dos gases a diferentes presións e temperaturas, relacionándoo de novo co comportamento da atmosfera.[23]

Recibiu unha patente en 1860 sobre enchido de solas de botas e zapatos nunha peza de goma vulcanizada para evitar o ruído ao camiñar.[24]

En 1867 Foote inventou unha máquina de facer papel que producía un papel máis forte, suave e con maior facilidade para o corte recto.[25]

A partir de aí parece que abandonou a súa carreira científica ata a súa morte en 1888.

Descubrimento da súa obra[editar | editar a fonte]

Eunice Foote foi rescatada do esquecemento por Raymond Sorenson, un investigador independente e coeditor de Oil-Industry History,[26] quen foi o primeiro en publicar un artigo sobre Foote en 2011.[14][27] Coleccionista de manuais científicos, Sorenson atopou o artigo de Foote tal e como o leu Joseph Henry no Annual of Scientific Discovery de 1857,[28] publicado por David Ames Wells.[13]

No verán de 2016, un amigo da climatóloga canadense Katharine Hayhoe preguntoulle por que non había mulleres na historia da disciplina. Hayhoe fixo unha pequena investigación e rescatou a comunicación de Eunice Foote,[29] finalmente publicada en The American Journal of Science and Arts en novembro de 1856.[16] O climatólogo Ed Hawkins publicou pouco despois un chío[30] que foi o inicio do rescate de Eunice para a historia da ciencia do clima.

Secuencia de publicacións[editar | editar a fonte]

En 1856, informouse dos efectos da radiación solar sobre gases contidos en cilindros de cristal descubertos por Eunice nunha presentación anual da American Association for the Advancement of Science (AAAS) en Albany, Nova York.

En 1856 o artigo de Eunice Foote foi publicado no American Journal of Science and Arts co título “Circumstances affecting the heat of the Sun's rays”,[11] e inmediatamente despois publicouse un artigo máis amplo asinado polo seu marido, Elisha Foote.[2]

Publicáronse artigos comentando o de Eunice Foote en The New York Daily Tribune, the Canadian Journal of Industry, Science and Art, e Scientific American.[2]

No artigo de The New York Daily Tribune comentouse que Joseph Henry dixo dos resultados de Foote:

that although the experiments were interesting and valuable, there were [many] [difficulties] encompassing [any] attempt to interpret their significance
que aínda que os experimentos eran interesantes e valiosos, había moitas dificultades para intentar interpretar o seu significado.
The New York Daily Tribune[2]

Dous resumos do artigo de Foote apareceron en Europa, no Edinburgh New Philosophical Journal en 1857 e en Jahresbericht en 1856 e 1857.

O segundo artigo de Eunice, “On a new source of electrical excitation”, tamén lido por Joseph Henry na reunión da AAAS en Montreal en 1857, publicouse nas Actas da AAAS,[23] o primeiro dunha muller.[9] Unha versión máis breve apareceu en American Journal of Science and Arts.[31] A diferenza do seu primeiro artigo, esta versión volveuse publicar na Philosophical Magazine en 1958.[32][9]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Eunice foi descrita como unha boa pintora de retratos e paisaxes,[4] mais ela mesma non aparece en ningunha fotografía coñecida.[16]O seu pai era fideicomisario do Barnard College.[33][34] O 12 de agosto de 1841 casou con Elisha Foote, avogado de patentes, que chegou a ser xuíz. Elisha e Eunice viviron en Seneca Falls,[35] en North Park Street,[36] e posteriormente mudáronse a Saratoga, Nova York.[4]

Tiveron dúas fillas:

  • Mary Foote (1842–1931), artista e escritora. Casou co senador estadounidense por Missouri John B. Henderson[37] e foi presidenta da Asociación para o Sufraxio Feminino de Missouri.[5]
  • Augusta Newton Foote (1844–1904), autora do libro The Sea at Ebb Tide, un traballo científico sobre os organismos que poden atoparse nas praias norteamericanas.[38][39] Membro do consello do Barnard College, casou con Francis B. Arnold o 6 de marzo de 1869.[40]

Eunice e Elisha tiveron seis netos, tres de cada filla. Elisha morreu en 1883 e Eunice en setembro de 1888.[5] Está enterrada no cemiterio Green-Wood de Brooklyn, Nova York.[41]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Our Roll of Honor. Listing women and men who signed the Declaration of Sentiments at first Woman's Rights Convention, July 19-20, 1848". Library of Congress, Washington, D.C. 20540 USA. Consultado o 11 de febreiro de 2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Jackson Roland (28 de febreiro de 2019). "Eunice Foote, John Tyndall and a question of priority". Notes and Records: the Royal Society Journal of the History of Science 0 (0): 20180066. doi:10.1098/rsnr.2018.0066. Consultado o 9 de marzo de 2019. 
  3. "Eunice Newton". RootsWeb. Consultado o 22 de agosto de 2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Newton genealogy, genealogical, biographical, historical, being a record of the descendants of Richard Newton of Sudbury and Marlborough, Massachusetts 1638, with genealogies of families descended from the immigrants Rev. Roger Newton of Milford, Connecticut, Thomas Newton of Fairfield, Connecticut. De Pere, Wis. : B.A. Leonard. p. 110. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2020. Consultado o 8 de decembro de 2016. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Reed, Elizabeth Wagner (1992). "Eunice Newton Foote". American women in science before the civil war. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2016. Consultado o 22 de agosto de 2020. 
  6. "Isaac Newton". RootsWeb. Consultado o 22 de agosto de 2020. 
  7. "Something's a-Foote with Climate Science History". spie.org. Consultado o 27 de agosto de 2020. 
  8. Emma Willard School Archives / Troy Female Seminary Catalogs Collection, Listaxe no catálogo de 1836-37
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 Ortiz, Joseph D.; Jackson, Roland (30 de agosto de 2020). "Understanding Eunice Foote's 1856 experiments: heat absorption by atmospheric gases". Notes and Records: the Royal Society Journal of the History of Science 0 (0). doi:10.1098/rsnr.2020.0031. Consultado o 27 de agosto de 2020. 
  10. Rathi, Akshat (14 de maio de 2018). "The female scientist who identified the greenhouse-gas effect never got the credit". Quartz. Consultado o 17 de agosto de 2020. 
  11. 11,0 11,1 Foote, Eunice (novembro de 1856). "Circumstances affecting the Heat of the Sun's Rays". American Journal of Science and Arts (Google Books) 22: 382–383. Consultado o 31 de xaneiro de 2016. 
  12. "Happy 200th birthday to Eunice Foote, hidden climate science pioneer NOAA Climate.gov". www.climate.gov (en inglés). Consultado o 22 de agosto de 2020. 
  13. 13,0 13,1 13,2 13,3 McNeill, Leila. "This Lady Scientist Defined the Greenhouse Effect But Didn’t Get the Credit, Because Sexism". Smithsonian (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2019. 
  14. 14,0 14,1 14,2 "Eunice Foote's Pioneering Research On CO2 And Climate Warming" (PDF) (70092). AAPG/Datapages, Inc. 11 de xaneiro de 2011. Consultado o 31 de xaneiro de 2016. 
  15. "Twitter". Twitter (en castelán). Consultado o 27 de agosto de 2020. 
  16. 16,0 16,1 16,2 16,3 Circumstances affecting the Heat of the Sun's Rays. novembro de 1856. pp. XXXI. Consultado o 31 de xaneiro de 2016. 
  17. Sorenson, Raymond P. (2018). "Eunice Foote's Pioneering Research on CO2 and Climate Warming: Update*" (PDF). AAPG. 
  18. "Scientific American Vol. 12 1856-1857.". HathiTrust (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2019. 
  19. "The saga of Eunice Foote and John Tyndall". Home | Roland Jackson (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2018. Consultado o 11 de febreiro de 2019. 
  20. "Katharine Hayhoe". www.facebook.com (en castelán). Consultado o 11 de febreiro de 2019. 
  21. "On Edith Foote's Experiment". Consultado o 9 de marzo de 2019. 
  22. "PALE:ClassicArticles/GlobalWarming/Article3 - NSDLWiki". nsdl.library.cornell.edu. Consultado o 11 de febreiro de 2019. 
  23. 23,0 23,1 "On a new source of electrical excitation". Proceedings of the American Association for the Advancement of Science. 1858. p. 123. Consultado o 8 de decembro de 2016. 
  24. The Road to Seneca Falls: Elizabeth Cady Stanton and the First Woman's Rights Convention. University of Illinois Press. 5 de outubro de 2004. Consultado o 3 1 de xaneiro de 2016. 
  25. "Foote's Improved Paper-Making Machines". American Artisan and Patent Record: A Weekly Journal of Arts, Mechanics, Manufactures, Mining, Engineering and Chemistry, and Repertory of Patents (EBSCO Information Services) 5: 298. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2020. Consultado o 18 de decembro de 2020. 
  26. "Oil-Industry History". Petroleum History Institute (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2019. 
  27. Tecnolóxico, Vigo (2023-03-23). "Docentes da UVigo recuperan as achegas da científica Eunice Newton Foote e replican os seus experimentos dende unha perspectiva feminista". Vigotec. Consultado o 2023-03-25. 
  28. The Annual of scientific discovery: or, Year-book of facts in science and art. 1857. Gould, Kendall, and Lincoln,. 1857. Consultado o 11 de febreiro de 2019. 
  29. "Katharine Hayhoe". www.facebook.com (en castelán). Consultado o 11 de febreiro de 2019. 
  30. Hawkins, Ed (1 de setembro de 2016). "Wow @KHayhoe! Didn't know that Eunice Foote identified CO2 as a greenhouse gas in 1856, a few years before Tyndall". @ed_hawkins (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2019. 
  31. Foote, Mrs. Elisha (1857). "On a new source of electrical excitation". Am. J. Sci. Arts 24, 386. 
  32. Foote, Mrs. Elisha (1858). "On a new source of electrical excitation". Phil. Mag. 15, 239–240. 
  33. Goodwin, p. 159
  34. John William Leonard, ed. (1907). Who's who in New York City and State, Issue 3. L.R. Hamersly Company. p. 41. 
  35. "Foote House, site of ...A NYS Women's History Site". New York State Women's History. New York Cultural Heritage Tourism Network. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2017. Consultado o 8 de decembro de 2016. 
  36. "Foote House, site of ...A NYS Women's History Site". New York State Women's History. New York Cultural Heritage Tourism Network. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2017. Consultado o 8 de decembro de 2016. 
  37. Goodwin, Nathaniel (1849). The Foote family: or, The descendants of Nathaniel Foote, one of the first settlers of Wethersfield, Conn., with genealogical notes of Pasco Foote, who settled in Salem, Mass., and John Foote and others of the name, who settled more recently in New York. Hartford, Press of Case, Tiffany and company. Consultado o 13 de febreiro de 2019. 
  38. Schmitt, Catherine (28 de marzo de 2019). "Sea-Beach at Ebb-Tide: Women of Acadia’s Intertidal Zone". Schoodic Institute (en inglés). Consultado o 2 de maio de 2019. 
  39. "The Project Gutenberg eBook of The Sea-beach at Ebb-tide, by Augusta Foote Arnold.". www.gutenberg.org. Consultado o 13 de febreiro de 2019. 
  40. John William Leonard; William Frederick Mohr; Frank R. Holmes; Herman Warren Knox; Pinfield Scott Downs, eds. (1907). "Who's who in New York City and State". Issue 3. L.R. Hamersly Company. p. 41. 
  41. "Eunice Newton Foote (1819-1888) - Find a Grave". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]