Euloxia
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Euloxia provén do grego ευλογία, "unha bendición". Dise dos obxectos bendicidos. Nos escritos de Cirilo de Alexandría refírese ao pan e mais ao viño. Exeria, a viaxeira galega sinala[1] "dignáronse ademais darme, a min e aos que ían comigo, euloxias, como os monxes acostuman dar, pero só aos que reciben con gusto nos seus eremitorios" nun comentario que fai na súa visita á localidade de Charrán, no límite oriental do Imperio romano.
Referencias ao termo[editar | editar a fonte]
- Paulo de Tarso (1 Cor. 10,16): "to poterion tes eulogias ho eulogoumen".
- Agostiño de Hipona (De pecat. Merit., II, 26): "Quod acceperunt catechumeni, quamvis non sit corpus Christi, sanctum tamen est, et sanctius quam cibi quibus alimur, quoniam sacramentum est" (O que os catecúmenos reciben, aínda que non é o Corpo de Cristo, é santo, ---máis santo, de feito, que a nosa alimentación habitual, xa que é un sacramentum).
- Na Regra Beneditina prohíbeselles aos monxes recibir "litteras, eulogias, vel quaelibet munuscula" sen permiso do abade. Indicando que non podían recibir agasallos.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Arce, Agustín (1996).: Itinerario de la virgen Egeria. Bilioteca de autores cristianos. Madrid.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Barnes, Arthur. "Eulogia". The Catholic Encyclopedia. Vol. 5. Nova York: Robert Appleton Company, 1909. 24 Mar. 2012. http://www.newadvent.org/cathen/05603b.htm
- Arce, Agustín (1996): Itinerario de la virgen Egeria. Bilioteca de autores cristianos. Madrid.
- Novoa Portela, Feliciano (coord.) (2003): De Fisterra a Xerusalén. Exeria e os primeiros peregrinos cristiáns. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela.