Eulogio Serdán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Eulogio Serdán
Nacemento1853
 Vitoria
Falecemento1929
 Vitoria
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidad Central
Ocupaciónpolítico, historiador e oficial
editar datos en Wikidata ]

Eulogio Serdán Aguirregaviria, nado en Vitoria en 1853, e finado ibídem en 1929, foi un xornalista, escritor, académico e político vasco.

Biografía[editar | editar a fonte]

Nado en Vitoria, provincia de Áraba, en 1853, foi alcalde da cidade entre os anos 1910 e 1912. Comezou os seus estudos de Filosofía e Letras en Madrid aínda que os abandonou para alistarse en 1872 no exército carlista, alcanzando o grao de capitán. Ó finalizar a Segunda Guerra Carlista en 1876 exiliouse en Francia, retornando a Vitoria en 1877. Ademais de alcalde, foi catedrático de instituto, cronista de Áraba e Vitoria, correspondente da Real Academia da Lingua e da Real Academia da Historia, así como comisionado pola Sociedade de Estudos Vascos para preparar a Exposición sobre Guerras Civís prohibida por Miguel Primo de Rivera. Ideoloxicamente realizou un tránsito dende o carlismo cara ó liberalismo, ó cal se adscribiu a comezos do século XX.[1] Entre os seus libros atópanse: Rincones de la historia de Álava (1914-1924) con 4 volumes e Vitoria. El libro de la ciudad (1927) con 2 volumes.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Alonso Olea 1996, p. 433.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]