Eulogio Gavela Vega
Eulogio Gavela Vega | |
---|---|
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Eulogio Gavela Vega foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Na Segunda República foi elixido presidente de Izquierda Republicana do Barco de Valdeorras en agosto de 1935.[1] Logo do triunfo do Frente Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi nomeado alcalde do Barco de Valdeorras en marzo. Ás poucas semanas renunciou e foi subsistido polo primeiro tenente-alcalde Manuel Blanco Pascual ata principios de xuño, cando foi nomeado alcalde Abdón Blanco García. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi encartado pola Comisión Provincial de Incautación de Bienes. En 1969 foi presidente da bodega cooperativa Jesús Nazareno.
Predecesor: ? |
![]() Alcalde do Barco de Valdeorras 1936 |
Sucesor: Abdón Blanco García |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Pueblo Gallego, 31-8-1935, p. 15.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- García Yáñez, Félix (2005). O Barco e a terra de Valdeorras durante a II República e o Franquismo (1931-1971). Vigo: A Nosa Terra. ISBN 84-96403-13-0.