Eugenio Zabala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Eugenio Zabala Herrera»)
Infotaula de personaEugenio Zabala
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor em Wikidata
España Editar o valor em Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , mestre Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


Eugenio Zabala Herrera foi un mestre e xornalista español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Profesor de instrución primaria. Foi director de El Eco de Galicia da Coruña, Diario de Galicia de Santiago de Compostela (1908-1909) e La Voz de la Verdad (1910-1914). Tamén colaborou en La Verdad de Oviedo e El Combate de Alcoy. Despois pasou a dirixir El Correo de Cádiz (1920). Utilizou os pseudónimos "Leónidas" e "El de los ojos glaucos"[1].

Obras[editar | editar a fonte]

  • El Sindicalismo Católico, 1914.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Diario de Galicia, 27-7-1912, p. 1.