Eugen Coşeriu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Eugenio Coseriu")
Eugen Coşeriu
Nacemento 27 de xullo de 1921
  Romanía
Falecemento 7 de setembro de 2002
  Tubinga
Nacionalidade Romanía
Etnia Pobo romanés
Alma máter Universidade de Iaşi
Ocupación lingüista, filólogo, profesor e lingüística
Premios Order of the Republic e doutor honoris causa
editar datos en Wikidata ]

Eugen Coşeriu ou Eugenio Coseriu,[Cómpre referencia] nado en Mihăileni (na actualidade pertencente a Moldavia) o 27 de xullo de 1921 e finado en Tubinga (Alemaña) o 7 de setembro de 2002, foi un lingüista alemán de orixe romanesa. A súa contribución á historia da lingüística e revisión e interpretación de moitos conceptos tradicionais foi fundamental. É autor dunha importante obra teórica que profundizou en moitos aspectos da linguaxe.

Doutor en filosofía e filoloxía, filólogo romanista. Calificado por Mircea Borcilă (Universidade de Cluj) como:

O máis lúcido expoñente da cultura romanesa no plano universal do coñecemento humano.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De gran formación filosófica, histórica, lingüística e clasicista, en 1940 e xa iniciados os seus estudos universitarios, Coseriu trasladouse a Roma, onde os terminou; once anos despois e ata 1958 foi profesor na Universidade de Montevideo e, dende 1963 ata a súa morte, foino na de Tubinga (Alemaña). Na súa dilatada carreira publicou moitos estudos e artigos, algúns deles recompilados en obras como Teoría da linguaxe e lingüística xeral ou Tradición e novidade na ciencia da linguaxe. A súa obra é moi extensa e orixinal, aínda que nunca chegou a publicar un manifesto ou manual que sistematizase o seu pensamento e presentase a súa teoría lingüística como unha unidade; porén, si que se interesou pola sistematización do léxico e o ámbito da creatividade lingüística.
Coseriu figura tamén entre os filósofos que se aproximaron á linguaxe dende a lóxica, tratando de delimitar o que hai de particular, xeral e universal na mesma; ambición que empeza incluso con Aristóteles, pero que se materializa na lingüística contemporánea con Humboldt, Saussure e os lingüistas posteriores a eles.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Sincronía, diacronía e historia. El problema del cambio lingüístico (1958).
  • Teoría del lenguaje y lingüística general (1962).
  • Sprache, Strukturen und Funktionen (A fala, estruturas e funcións, 1970).
  • Tradición y novedad en la ciencia del lenguaje (1977).
  • Principios de semántica estructural (1977).
  • Estudos de lingüística románica (1977).
  • Der Mensch und seine Sprache.
  • Lecciones de lingüística general (1977).
  • Gramática, semántica, universales. (1978).
  • Introducción a la lingüística (1980).
  • Competencia lingüística (1992).
  • Política, lingua e nación (publicado en 1995 xunto cos lingüistas españois Manuel Alvar e Fernando Lázaro Carreter).

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]