Eugenia Vieito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Eugenia Vieito Blanco

Escudo de A Coruña.svg
Concelleira na Corporación Municipal da Coruña
por Marea Atlántica
Actualmente no cargo
Dende o 2015

Concelleira de Facenda e Administración do Goberno Municipal
Actualmente no cargo
Dende o 2015
Precedido por Rosa Gallego

Datos persoais
Nacemento A Coruña, Galicia Galicia
Partido Marea Atlántica
Profesión Política
Alma máter Universidade da Coruña
Residencia A Coruña
Twitter @eugeniavieito
Facebook eugenia.vieito.9

Eugenia Vieito Blanco, nada na Coruña, é unha política galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Dereito pola Universidade da Coruña ten un mestrado oficial en Xestión de Políticas Públicas, pendente do traballo final. Ten tamén iniciado un mestrado oficial en Dereito da Unión Europea.[1]

Traballou como persoal de servizos xerais no Servizo Galego de Saúde e como PAS na Universidade da Coruña.[1]

Após as eleccións municipais de 2015, nas que se presentaba como candidata polas listas da Marea Atlántica, foi elixida concelleira e nomeada responsábel de Facenda e Administración dentro do goberno encabezado por Xulio Ferreiro.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Sra. Dª. Eugenia Vieito Blanco". Concello da Coruña. Consultado o 4 de setembro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]