Gene Cernan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Eugene Cernan»)
Gene Cernan
e
Datos persoais
Nacemento14 de marzo de 1934
LugarChicago
Falecemento16 de xaneiro de 2017
NacionalidadeEstadounidense
Actividade
MisiónsGemini 9A, Apollo 10 e Apollo 17
Tempo no espazo23,59 días
PremiosDistinguished Flying Cross, Nacional Aviación Hall of Fame, United States Astronaut Hall of Fame, Grand Officer of the Order of the White Double Cross, Medalha de Serviço Distinto da NASA e International Space Hall of Fame
editar datos en Wikidata ]

Eugene Andrew Cernan foi un astronauta estadounidense que formou parte das misións Gemini 9A, Apollo 10 e Apollo 17. Pasou un total de 23,59 días no espazo.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cernan naceu o 14 de marzo de 1934 en Chicago, Illinois, e faleceu o 16 de xaneiro de 2017. Era graduado en enxeñería eléctrica pola Universidade Purdue en 1956 e en enxeñería aeronáutica pola Escola Naval de Posgraduados dos Estados Unidos. Estaba casado con Jan Nanna Cernan e tiña tres fillas.[1][2]

Foi un dos catorce candidatos a astronauta seleccionados pola NASA en outubro de 1963. Na misión Gemini 9A ocupou o posto de piloto, con Tom Stafford como comandante. Máis tarde formou parte da tripulación de apoio das misións Gemini 12 e Apollo 7. Foi piloto da misión Apollo 10, lanzada o 18 de maio de 1969, que orbitou a Lúa. A súa última misión foi como comandante da misión Apollo 17, a última misión tripulada cara a Lúa. Pasou no espazo un total de 23,59 días.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 NASA, ed. (2018). "Eugene A. Cernan (Captain, USN, Ret.) NASA Astronaut (former)" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2017. Consultado o 22 de setembro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Mark Wade (2018). "Cernan, Eugene Andrew" (en inglés). Consultado o 18 de setembro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]