Ethel Voynich

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ethel Lilian Voynich»)
Ethel Voynich
Nome completoEthel Lilian Boole
Nacemento11 de maio de 1864
Lugar de nacementoBallintemple
Falecemento27 de xullo de 1960 e 28 de xullo de 1960
Lugar de falecementoNova York
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
EtniaPobo irlandés
Ocupaciónescritora, novelista, activista, compositora, prosista, tradutora e sufraxista
PaiGeorge Boole
NaiMary Everest Boole
CónxuxeWilfrid M. Voynich
IrmánsAlicia Boole Stott, Lucy Everest Boole, Mary Boole Hinton e Margaret Boole Taylor
Coñecida porThe Gadfly
Na rede
IMDB: nm0903920 WikiTree: Boole-9 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ethel Lilian Voynich, nada como Ethel Lilian Boole o 11 de maio de 1864 no condado de Cork (Irlanda) e finada o 27 de xullo de 1960 en Nova York, foi unha novelista e música que apoiou diversas causas revolucionarias. Era filla do famoso matemático George Boole e casou con Wilfrid Michael Voynich, epónimo do manuscrito Voynich.

Ethel é máis coñecida pola súa novela The Gadfly, publicada orixinalmente en xuño de 1897 nos Estados Unidos e en setembro do mesmo ano no Reino Unido, sobre as loitas do axente revolucionario Arthur Burton na Italia do Risorgimento. A obra tornouse moi popular na Unión Soviética, sendo mesmo considerada ideoloxicamente útil e de lectura compulsoria; por razóns similares, tivo inmenso éxito na República Popular da China.[1] Na época da morte de Voynich, The Gadfly vendera preto de 2.500.000 copias só na Unión Soviética.

En 1955, o realizador soviético Aleksandr Fajntsimmer adaptou a novela para un filme homónimo (Ovod, en ruso). O compositor Dmitrii Shostakovich escribiu a banda sonora. Romance, un segmento desta composición, conxuntamente con algúns outros treitos, tornouse desde entón moi popular. O tema de Gadfly de Shostakovich foi usado até mesmo pola BBC TV nos anos 1980, na miniserie Reilly: Ace of Spies.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. People's Daily Online, ed. (2005). "Chinese-interpreted The Gadfly" (en inglés). Consultado o 9 de xaneiro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]