Estudo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre non confundir con estudio, o local onde traballa un profesional.
Alumno a estudar.

O estudo é unha obra ou traballo científico, artístico, ou doutro tipo, no que o autor ten como obxectivo principal estudar ou afondar nun tema determinado. O termo emprégase en plurar para se referir ao conxunto de materias que se aprenden, e actividades que se realizan durante a formación nun centro de ensino.

Tamén se denomina estudo ao esforzo intelectual e tempo que unha persoa gasta para coñecer e comprender algunha cousa e obter o coñecemento[1].

Na arte denomínase obra ao debuxo ou pintura que se realizan como exercicio ou como ensaio da obra definitiva.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para estudo..