Estrelamar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Estrela de mar")
Estrelamar.jpg

A estrelamar ou estrela de mar é un animal equinodermo que ten polo xeral cinco brazos a partir dun centro con simetría pentarradial. Enuméranse polo menos 1.600 especies repartidas en máis de trinta familias en todos os océanos. As estrelamares non teñen esqueleto e desprázanse mediante pseudópodos. Contan con pequenos tubos na cara ventral, presentes igualmente nos ourizos do mar, que poden proxectar auga e que serven para a locomoción e a alimentación.

Denomínase tamén rañacú, pola súa áspera superficie.

Co nome de estrelamar tamén se denominan dúas plantas:

  • Plantago coronopus, acianos, estrela de mar, herba estrela (pola súa forma estrelada).
  • Teesdalia nudicaulis