Saltar ao contido

Estratón de Sardes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEstratón de Sardes
Biografía
Nacementoséculo II Editar o valor en Wikidata
Sardes Editar o valor en Wikidata
Morteséculo III Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, escritor, epigramatista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade(Con vida en: século II Editar o valor en Wikidata)
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno dicionario enciclopédico de Brockhaus e Efron
Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1110129

Estratón (latín Straton, grego Στράτων ) foi un poeta epigramático grego orixinario de Sardes, que elaborou unha antoloxía chamada Μοῦσα παιδική (A musa dos nenos), segundo explica Constantino Céfalas na Antoloxía Palatina.

Esta antoloxía de Estratón incluía epigramas da antiga Grilanda de Meleagro e da Antoloxía de Filipo, epigramas doutras fontes e tamén poemas do propio Estratón. En total, incluíanse 258 poemas, dos cales 98 eran de Estratón. Esta antoloxía formou a última sección da antoloxía de Planudes. Os seus epigramas son elegantes e intelixentes, pero causaron escándalo polos seus temas homosexuais e pederastas.

Viviu no século II, xa que a Antoloxía de Filipo está datada a finais do século I, e menciónao Dióxenes Laercio, quen escribiu moi probabelmente a principios do século III. Por unha mención que fai do médico Artemidoro Capitón suponse que viviu na época do emperador Hadriano[1].

  1. Smith, William (ed.) (1867). Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Volum III. Boston: Little, Brown & Comp. p. 924.