Esther Teijeiro Lemos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEsther Teijeiro Lemos
Biografía
Nacemento1936 Editar o valor em Wikidata (87/88 anos)
Nogueira de Miño, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónwinegrower (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Esther Teijeiro Lemos, nada en 1936 en Nogueira de Miño (Chantada), é unha viticultora galega. En 1987 foi a primeira persoa que inscribiu a súa adega baixo o selo da Denominación de Orixe Ribeira Sacra e tamén a primeira en elaborar viño ecolóxico en Galicia no ano 2000.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Os seus pais e avós xa se dedicaban ao cultivo da vide e ela sempre estivo vinculada ao sector. Ficou orfa de nai e pai cando tiña 15 anos.[1]

No ano 1987, a súa adega familiar en Chantada chamada Diego de Lemos (na honra ao seu avó), foi a primeira en inscribirse na Denominación de Orixe Ribeira Sacra.[2] Ecoloxista por instinto ao lembrar que os seus pais non lle botaban nin herbicidas nin insecticidas á terra (que ela consideraba que estaba enferma ao non lle medrar a herba), no ano 2000, con 64 anos, Teijeiro creou a primeira adega de viño ecológico de Galicia. A agricultura ecolóxica non estaba daquela no seu vocabulario, senón que lle chamada producir "san". Teijeiro tiña convicción no que facía, pero foi duro porque ninguén cría nela e tivo que facer fronte a mofas, burocracia, dificultades técnicas e machismo.[1][2][3] Teijeiro tamén foi a primeira en embotellar o seu propio viño cando o resto o vendía a granel. A súa adega produce entre 10 000 e 13 000 botellas de tinto mencía e brancos godello e treixadura sen químicos nin maquinaria.[1] Foi a primeira persoa empresaria en conseguir o selo de agricultura ecolóxica de Galicia para os seus viños e cereixas.[4][5][6]

En febreiro de 2017, foi protagonista dun episodio do programa de televisión Volando voy, do aventureiro leonés Jesús Calleja, no que se deu a coñecer o seu traballo.[7]

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • 2001 Premio no X Concurso Internacional de viños de montaña polo seu viño D.O. Ribeira Sacra.
  • 2003 Medalla de prata da Xunta de Galicia ao viño tinto.
  • 2003 Medalla de bronce da Xunta de Galicia ao viño branco.
  • 2003 Primeiro selo de viño ecolóxico que se emitiu en Galicia.[1]
  • 2005 Premio da Xunta de Galicia á Muller Rural Emprendedora.[5]
  • 2006 Referénciase o seu labor no libro Palabras da Terra sobre viños con D.O. de Galicia.
  • 2018 Premio Mágnum Honorífico 2018 "Viñolvidable" do Instituto Galego do Viño polo seu traballo a favor do rol da muller no sector do viño galego.[8]
  • 2019 Premio Son Muller, da Asociación de Mulleres Empresarias da Provincia de Lugo (Aelu), pola súa longa traxectoria empresarial.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Vizoso, Sonia (22 de marzo de 2020). "Se burlaron de Esther. No sabían que era una pionera del vino ecológico". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 22 de marzo de 2020. 
  2. 2,0 2,1 "Esther Teijeiro, adegueira en Ribeira Sacra: "Cando unha cre en algo e loita por iso, tanto ten o que digan os demais” - Sindicato Labrego Galego". www.sindicatolabrego.com. Consultado o 23 de marzo de 2020. 
  3. "El vino ecológico reivindica su espacio". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de xaneiro de 2020. Consultado o 22 de marzo de 2020. 
  4. Rosa Barasoain y Fernando López (2007). "La riqueza y la diversidad de la agricultura familiar. Entrevista a Esther Teijeiro" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de maio de 2020. Consultado o 31 de marzo de 2020. 
  5. 5,0 5,1 "Una emprendedora entre viñas". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de xullo de 2005. Consultado o 22 de marzo de 2020. 
  6. "Chantada produce el 80 por ciento de las cerezas ecológicas de toda Galicia". www.elprogreso.es. Consultado o 23 de marzo de 2020. 
  7. "‘Volando voy’ viaja a la Ribeira Sacra para conocer el trabajo de sus viticultores". cuatro (en castelán). 7 de febreiro de 2017. Consultado o 23 de marzo de 2020. 
  8. "Elísabet Castro recibe el premio mágnum al mejor sumiller de galicia y Esther Teijeiro el mágnum honorífico". www.vinetur.com (en castelán). Consultado o 23 de marzo de 2020. 
  9. "Homenaje al empoderamiento femenino". El Progreso de Lugo (en castelán). 14 de decembro de 2019. Consultado o 23 de marzo de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]