Esther Mayoko Ortega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEsther Mayoko Ortega
Biografía
Nacemento(es) Esther Ortega Arjonilla Editar o valor em Wikidata
Móstoles Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid
Universidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriadora , profesora universitaria , activista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorConsello Superior de Investigacións Científicas Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 1820036


Esther Mayoko Ortega Arjonilla, nada en Madrid no século XX, é unha historiadora, doutora en filosofía da ciencia e profesora universitaria española de orixe ndowé. Tamén é activista feminista, lesbiana e antirracista. Desenvolveu a súa traxectoria investigadora e divulgativa sobre temas de sexodiversidade, racismo e feminismo.[1][2][3][4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de pai guineano e nai andaluza, medrou en Móstoles.[2] Doutorouse en Filosofía da Ciencia na Universidade de Santiago de Compostela. Realizou, amais, un mestrado en Teoría feminista e Licenciada en Historia, especializada en Antropoloxía Americana e Historia de América, pola Universidade Complutense de Madrid.[2] Na súa tese de doutoramento afondou sobre «a regulación biomédica dos corpos sexuados, as prácticas de xénero e as controversias socio-médicas asociadas a estas regulacións no caso das identidades trans* no estado español».[5]

Ortega enfocou a súa traxectoria investigadora nos estudos de ciencia, tecnoloxía e sociedade (STS), o xénero, a raza e a etnicidade, a teoría feminista-queer e as súas interseccións.[5][6] É profesora do Posgrao en Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade do Consello Superior de Investigacións Científicas na Universidade Complutense de Madrid e no programa Tufts-Skidmore Spain.[5][7] Amais, foi relatora e profesora en diferentes cursos e charlas sobre cuestións de raza, sexo e sexualidade e escribiu na revista Pikara Magazine.[8]

Ortega formou parte de movementos antirracistas feministas e de disidencia sexual.[4] Nos anos 90 foi cofundadora do colectivo feminista universitario Insumisas al Género[7] e exerceu o activismo feminista no centro social Eskalera Karakola de Madrid até o seu desaloxo en 2004.[1] Ortega tamén pertence á asociación Conciencia-Afro (antes denominada Espacio Afroconciencia e vinculada ao espazo cultural Matadero Madrid),[9] xunto a Yeison García e Rubén H. Bermúdez, desde onde exerce a súa militancia política.[4][10]

En 2003 empezou a colaborar con estudos de xénero e tecnoloxías médicas desde unha perspectiva de xénero, así como en diferentes proxectos de investigación nacionais e europeos, como o ITEMS, o BIOGENTEC e o VIVERTEC. Colaborou con Voces múltiples, saberes plurales y tecnologías médicas, un proxecto de I+D sobre ciencia, tecnoloxía e xénero do CSIC liderado pola filósofa Eulalia Pérez Sedeño.[1][5][6]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Publicou e colaborou en varios artigos e libros.[1] Algúns deles son:

  • El eje del mal es heterosexual: Figuraciones, movimientos y prácticas feministas queer (Traficantes de Sueños, 2005)
  • Cartografías del cuerpo. Biopolíticas de la ciencia y la tecnología (Cátedra, 2014)[11]
  • Barbarismos queer y otras esdrújulas (Bellaterra, 2017), en coautoría con Lucas Platero y María Rosón[4][12]
  • Conocimientos, prácticas y activismo de las epistemologías feministas (2019)[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Cerviño, Paola (26 de decembro de 2017). "“En el Estado español se nos ha negado la posibilidad de pertenencia”". Esracismo (en castelán). Consultado o 30 de marzo de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Piña Narváez, Iki Yos (27 de xuño de 2019). "Hoy en día podemos reconocernos como disidentes sexuales en nuestra propia comunidad y eso es reconfortante y sanador". NGRXS MGZ (en castelán). Consultado o 30 de marzo de 2023. 
  3. "Ortega, Esther". Edicions Bellaterra (en castelán). Consultado o 30 de marzo de 2023. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Albarrán Méndez, Susana (2 de xullo de 2018). "Pista de aterrizaje - Esther Mayoko: “La primera vez que pasé por autóctona fue en Cuba, aunque soy de Móstoles"". El Salto (en castelán) (Madrid). Consultado o 30 de marzo de 2023. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 "Esther (Mayoko) Ortega Arjonilla, PhD". Tufts-Skidmore Spain (en castelán). 14 de setembro de 2017. Consultado o 30 de marzo de 2023. 
  6. 6,0 6,1 "Libros de "Mayoko" Esther Ortega. Biografía y bibliografía". Txalaparta (en castelán). Consultado o 30 de marzo de 2023. 
  7. 7,0 7,1 Mbomío, Lucía (5 de xuño de 2019). "“Feministas blancas, ¿estáis dispuestas a hablar de tú a tú, sin imponer la agenda?”". Pikara Magazine (en castelán). Consultado o 30 de marzo de 2023. 
  8. "Esther Mayoko Ortega, autora en Píkara Magazine". Píkara Magazine (en castelán). Consultado o 30 de marzo de 2023. 
  9. Naranjo, José (14 de marzo de 2018). "Afrodescendientes al encuentro de África". El País (en castelán) (Saint Louis, Senegal). ISSN 1134-6582. Consultado o 30 de marzo de 2023. 
  10. "Espacio Afro" (en castelán). Consultado o 30 de marzo de 2023. 
  11. 11,0 11,1 "Esther ORTEGA ARJONILLA". ResearchGate (en inglés). Consultado o 31 de marzo de 2023. 
  12. Ortega Arjonilla, Esther (Mayoko) (2017). "Barbarismos queer y otras esdrújulas". Consultado o 27 de xuño de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]