Esther Koplowitz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEsther Koplowitz

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de agosto de 1950 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMadrid Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresaria , coleccionista de arte , filántropa Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAlberto Alcocer (pt) Traducir (1969–1990) Editar o valor em Wikidata
FillosEsther Alcocer Koplowitz Editar o valor em Wikidata
IrmánsAlicia Koplowitz, 7th Marquise of Bellavista (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Esther María Koplowitz y Romero de Juseu,[1] nada en Madrid o 10 de agosto de 1950,[2][3] é unha empresaria e aristócrata española. Foi VII marquesa de Casa Peñalver. Segundo a revista Forbes, en marzo de 2013 a súa fortuna era de 1000 millóns de dólares, o que o convertía na décimo sétima persoa máis rica de España e a 1342.ª no mundo.[4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Familia e primeiros anos[editar | editar a fonte]

O pai de Esther Koplowitz foi un empresario alemán de orixe xudía da Alta Silesia, Ernesto (Ernst) Koplowitz Sternberg, que chegou a España escapando da persecución nazi nos anos 30 e se estableceu alí definitivamente a principios dos anos corenta. Ernst Koplowitz adquirira unha pequena empresa de construción, Construcciones y Reparaciones, á que cambiou o seu nome por Construcciones y Contratas (Cycsa). A súa nai, Esther Romero de Juseu y Armenteros, era filla de José Romero de Juseu y Lerroux, natural de Cabra (Córdoba) e de María Josefa Armenteros de Peñalver, unha aristócrata pertencente a unha familia nobre de Cuba. Contraeron matrimonio en 1946. Nese momento, Ernst xa tiña dous fillos naturais, Ernesto e Isabel Clara Koplowitz Amores.

O seu pai faleceu padre falleció nun accidente de equitación no Club de Campo Villa de Madrid en 1962. No momento da súa morte, Cycsa xa se convertera nunha compañía próspera. En 1968, a súa nai faleceu a consecuencia dun cancro, pasando Esther a ser a xefa da Casa de Peñalver con dezaoito anos. O título de marquesa de Casa Peñalver acompañouna ata que o cedeu en 2019 á súa filla Esther Alcocer Koplowitz.

Esther ten unha irmá máis nova, Alicia Koplowitz, á que estivo moi unida durante toda a súa vida. Foron alumnas do Liceo Francés de Madrid[5]

Matrimonios[editar | editar a fonte]

Esther Koplowitz casou con Alberto Alcocer. Seis meses despois, a súa irmá Alicia casou con Alberto Cortina, curmán e socio do primeiro. Os curmáns, coñecidos como "os Albertos", entraron en Cycsa e substituíron as súas mulleres no consello de administración da compañía, do que formaban parte dende a morte da súa nai por cancro en 1968 (data en que Ramón Areces, fundador de El Corte Inglés e amigo da familia, asumiu a presidencia do grupo).

En 1972, "os Albertos" conseguiron o poder executivo da compañía e iniciaron unha etapa de diversificación e alianzas que levaron á expansión do grupo. En 1987 Ramón Areces deixou a compañía por discrepancias con eles. Non obstante, a finais dos anos oitenta ambos tiveron que abandonar a empresa cando solicitaron o divorcio, con poucos días de diferenza, das dúas irmás.

Como resultado do matrimonio, naceron tres fillas, Esther, Alicia e Carmen. A parella divorciouse en 1990.[6] A principios de xuño de 2003 volveu casar con Fernando Falcó, III marqués de Cubas, do que se divorciou en 2009.[2]

Entrada nos negocios[editar | editar a fonte]

En 1990 Esther e Alicia regresaron ao consello de administración de Cycsa e estableceron unha quenda rotatoria á fronte do poder executivo da compañía. En marzo de 1992 Cycsa e Focsa (Fomento de Construcciones), outro dos negocios da construción do grupo dirixido polas irmás Koplowitz, do que Cycsa era o maior accionista, fusionáronse para formar FCC (Fomento de Construcciones y Contratas), a compañía máis importante no sector en España. En 1998 Alicia Koplowitz decidiu deixar a compañía e Esther comprou a participación da súa irmá na empresa (o 28,26%) por un importe de 136 624 millóns de pesetas. Catro meses despois, vendeu o 49% da súa participación en FCC ao grupo francés Vivendi.[7]

É vicepresidenta primeira e membro do consello de administración de FCC e vicepresidenta e membro do consello de Cementos Portland Valderrivas.[8] Ata agosto de 2012 foi directora da multinacional francesa Veolia.

O 13 de decembro de 1995 creou unha fundación co seu nome e en xuño de 2013 foi nomeada presidenta da Fundación Madrid Vivo.[9]

Coleccionismo[editar | editar a fonte]

Afeccionada ao coleccionismo de arte, posúe varias obras importantes de Goya, El Bosco, Tsuguharu Foujita e outros artistas. En agosto de 2001, dezasete destes cadros foron roubados do seu domicilio grazas á participación dun garda de seguridade da casa.[10] Entre as pinturas roubadas atopábanse A caída e A randeeira de Goya, valoradas cada unha en 2000 millóns de pesetas por fontes de investigación. [11]

Títulos nobiliarios[editar | editar a fonte]

As irmás Esther e Alicia herdaron da súa nai, falecida en 1968, un condado e tres marquesados. Ademais, nos tribunais de xustiza obtiveron o marquesado do Real Socorro en 1971 para Alicia e o condado de Peñalver para Esther en 1988.[12] Así, Esther obtivo os títulos de marquesa de Casa Peñalver, marquesa de Campo Florido e condesa de Peñalver. Estes dous últimos foron entregados ás súas fillas: Carmen Alcocer Koplowitz recibiu o de condesa de Peñalver[13] e Alicia Alcocer Koplowitz o de marquesa de Campo Florido.[14]

Condecoracións e premios[editar | editar a fonte]

O 13 de xullo de 2001, o Consello de Ministros outorgoulle a Gran Cruz da Orde do Mérito Civil pola súa traxectoria de apoio ao traballo social.[15] En xuño de 2012 foi galardoada coa Insignia de Cabaleiro da Lexión de Honra da República Francesa pola súa carreira empresarial e a súa filantropía.[16] En outubro de 2008 recibiu o XV Premio Blanquerna, outorgado pola Generalitat de Cataluña, en recoñecemento á súa contribución ao desenvolvemento, promoción, coñecemento e proxección de Cataluña.[17]

En maio de 2013 o Consello de Ministros outorgoulle a Gran Cruz da Orde Civil ao Mérito Ambiental.[18] En xullo de 2013, o concello de Barcelona concedeulle a Medalla de Ouro ao Mérito Científico.[19] En novembro de 2014 recibiu a Medalla de Ouro ao Mérito no Traballo.[20] O 26 de decembro de 2014 foi galardoada coa Gran Cruz da Orde de Afonso X o Sabio.[21]

En 2020 recibiu o VI Premio Iberoamericano de Mecenazgo.[22]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nombre completo
  2. 2,0 2,1 Esther Koplowitz se casa con el marqués de Cubas
  3. "Personajes famosos. Esther Koplowitz". ABC.es. Consultado o 23 de xullo de 2012. 
  4. [1]
  5. Español, Luis (4 de abril de 2011). "Alumnos ilustres del Liceo Francés". suite101. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2016. Consultado o 15 de novembro de 2017. 
  6. La Voz de Asturias, 19 de xuño de 2003: Koplowitz se casa con Fernando Falcó.
  7. El Mundo: Su dinero: Número 141 / Domingo 11 de outubro de 1998
  8. CincoDias.com - Esther Koplowitz entra como vicepresidenta en el consejo de Cementos Portland
  9. Fundación Madrid Vivo
  10. [2]
  11. [3]
  12. Ser o no ser noble, he ahí la obsesión, por Lola Galán, en El País (24/11/2012)
  13. "Resolución de la Subsecretaría (Gabinete Técnico) sobre solicitud de sucesión por distribución en el título de Conde de Peñalver.". www.boe.es. Consultado o 2021-05-12. 
  14. "Resolución de la Subsecretaría (Gabinete Técnico) sobre solicitud de sucesión por distribución en el título de Conde de Peñalver.". www.boe.es. Consultado o 2021-05-12. 
  15. REAL DECRETO 845/2001
  16. "Esther Koplowitz distinguée de la Légion d’Honneur". Ambassade de France en Espagne / Embajada de Francia en España (en francés). Consultado o 2021-05-12. 
  17. "La Generalitat otorga el Premio Blanquerna a la empresaria Esther Koplowitz". Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2021. Consultado o 16 de febreiro de 2021. 
  18. Gran Cruz al Mérito Ambiental para Esther Koplowitz
  19. "Medalla de Oro al Mérito Científico para Esther Koplowitz". Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2016. Consultado o 16 de febreiro de 2021. 
  20. El Economista
  21. Boletín Oficial del Estado
  22. "Esther Koplowitz y Philippe de Montebello, Premios Iberoamericanos de Mecenazgo 2020". El País.com. 13 de decembro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]