Esther Herranz García
Esther Herranz García | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Esther Herranz García |
Nacemento | 3 de xullo de 1969 |
Lugar de nacemento | Logroño |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Zaragoza |
Ocupación | política |
Na rede | |
http://www.eherranz.net | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
María Esther Herranz García, nada en Logroño o 3 de xullo de 1969, é unha política española do Partido Popular que foi membro do Parlamento Europeo.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
En 1993, licenciouse en xeografía na Universidade de Zaragoza, especializándose en xeografía física. En 1994, obtivo unha mestría en ordenación territorial e medio ambiente na Universidade de Valencia e en 1998 outro en xestión de residuos. Isto permitiulle traballar como consultora medioambiental. Dende 1999 foi membro do comité executivo do Partido Popular da Rioxa. Entre outros cargos dentro desta sección do partido, foi presidenta da Comisión de Medio Ambiente de 1996 a 2000 e asesora do gabinete do Presidente da Rioxa de 1999 a 2002. Dende 2002 tamén é membro da Xunta Directiva Nacional do PP.
En xaneiro de 2002 conseguiu un escano por substitución no Parlamento Europeo, que renovou nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2004 e 2009. É membro da Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural.