Estevo I de Croacia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Estevo I de Croacia
Rei de Croacia

Reinado1030 - 1058
Nacementoca. 988
Falecemento1058
PredecesorKrešimir III de Croacia
SucesorPedro Krešimir IV de Croacia
ConsorteMaría der Venecia
Casa realCasa de Trpimirović
ProxenitoresKrešimir III de Croacia

Estevi I Krešimirović (en croata Stjepan I Krešimirović), nado cara ao 988 e finado no 1058 foi un rei do Croacia desde ca. 1030 até 1058 e membro da Casa de Trpimirović, primeira da rama dos Krešimirović. Estevo I non foi o primeiro rei de Croacia que levou o nome de "Estevo" ("Stjepan"), senón o segundo. Malia que antes Estevo Držislav de Croacia tomou o nome de Estevo na súa coroación, porén non era o seu nome natal, polo que Estevo sempre foi considerado "o primeiro".

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do antigo rei Krešimir III, Estevo naceu contra 988.[1] Casou con María, posibelmente de orixe veneciana, quen lle deu dous fillos: Pedro Krešimir IV, que o sucedeu como rei de Croacia e Častimir, que foi o pai do futuro rei Estevo II.

Estevo sucedeu formalmente ao seu pai en 1030, aínda que é probábel que correinara con el desde 1028. Como rei continuou as ambicións dos seus predecesores de estender o dominio sobre as cidades costeiras, desenvolvendo diversas actividades nese sentido, pero finalmente todo foi en van.

O Reino medieval de Croacia ca. 1045, durante o reinado de Estevo I.

Centrouse na reconstrución da forza militar de Croacia e, en 1032 enviou gran parte da súa frota para axudar a Bizancio na súa guerra contra os árabes. As tensións entre os bizantinos e os árabes aumentaran despois de que os musulmáns destruíran a Igrexa do Santo Sepulcro en Xerusalén. Estevo utilizou isto ao seu favor, empregando a restaurada alianza croato-bizantina como un método para pacificar aos bizantinos e, simultaneamente, frustrar os desexos dos venecianos de ocupar a costa de Croacia.

Entre 1038 e 1041, Estevo logrou conquistar Zadar aos venecianos durante un curto período, posibelmente coa axuda do recentemente coroado rei de Hungría Pedro Orseolo, cuxa tía estaba casada con Estevo.[1]

En 1035, o conde Aldabero de Carintia pediu axuda a Croacia contra o Sacro Emperador Xermánico Conrado II, co que estaba enfeudado. Aldabero foi acusado o 18 de maio de 1035, durante a Asemblea de Bamberg, de conspirar con Croacia.[1] Debido a isto, o emperador reforzou a parte sueste do seu Estado, onde limita con Croacia. No mesmo ano, Estevo enviou ao seu primo Estevo Dobronja a Constantinopla, para reunirse co emperador bizantino. Porén, durante a guerra coa República de Venecia, aliado bizantino, Estevo Dobronja foi encarcerado e finalmente morreu alí.

As circunstancias cambiaron en 1046 cando Pedro I de Hungría, o fillo do antigo dogo veneciano Otón Orseolo e da sobriña do rey húngaro Estevo I, fuxiu do reino. O rei croata utilzou isto para invadir e saquear a Hungría, e ampliou o seu dominio até o río Drina ao leste. Isto provocou un ataque do dogo Domenico I Contarini que tomou Zadar en 1050.

Nun esforzo por manter a influencia romana nas cidades de Dalmacia, o emperador bizantino nomeou a Stjepan Praska, previamente un ban que servira baixo o rei Estevo I, como comandante Imperial. Aínda que nominalmente traballou para o Imperio bizantino en Zadar, axudou ao rei para conseguir outros asentamientos litorais.

Estevo I estableceu a diocese de Knin in 1040, que se estendía polo norte até o río Drava.[2] O bispado de Knin tamén tivo o título nominal de "bispado croata" (en latín, episcopus Chroatensis).

O comercio progresou baixo Estevo I, e xurdiu unha aristocracia florecente en Zadar, Biograd, Knin, Split e outras cidades costeiras. É probábel que os centros urbanos en Eslavonia creceran nese momento (especialmente ao longo do río Sava) e as poboacións emigraron cara ao norte e cara ao leste en busca de novas terras de cultivo. As dúas cidades máis grandes en Eslavonia nesa época eran Zagreb e Sisak.

En 1050, o rei Estevo I, gobernante de Bosnia e Dalmacia, fixo unha doazón de terras ao longo da costa que ampliou os límites da República de Ragusa até Zaton, a 16 km ao norte da cidade orixinal, dándolle o control á República da abondosa subministración de auga doce que emerxía dunha fonte vauclusiana á entrada de Ombla.[3] A doazón de Estevo incluía tamén o porto de Gruž, que hoxe é o porto comercial de Dubrovnik.[3]

En 1054, o gran cisma de Oriente rompeu a unidade da comuñón entre a Igrexa de Roma -á que Croacia permaneceu adscrita- e a Igrexa de Constantinopla.

Estevo I reinou até 1058 e o seu fillo Pedro II Krešimir IV de Croacia, asumiu a coroa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Ferdo Šišić, Povijest Hrvata u vrijeme narodnih vladara, 1925, Zagreb ISBN 86-401-0080-2
  2. Thomas the Archdeacon, Historia Salonitana
  3. 3,0 3,1 Frederick Bernard Singleton (1985). "A Short History of the Yugoslav Peoples", Cambridge University Press, ISBN 0-521-27485-0

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Intervju - ДИНАСТИЈЕ и владари јужнословенских народа. Special Edition 12, 16 de xuño de 1989.
  • Royal Croatia

Outros artigos[editar | editar a fonte]