Ester Kuntu
Ester Kuntu | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 7 de agosto de 1990 |
Nacionalidade | Estonia |
Alma máter | Estonian Academy of Music and Theatre |
Ocupación | actriz |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ester Kuntu, nada o 7 de agosto de 1990 é unha actriz estoniana.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Debutou en 2012 na serie de televisión Nurjatud tüdrukud[1] e en 2016 graduouse na Escola de Artes Escénicas da Academia Estoniana de Música e dende aquela traballa como actriz independente [2] en diversas compañías teatrais, como a do Teatro Dramático de Estonia, Vanemuine ou VAT Teatri e tamén no cinema. Entre os seus papeis teatrais salientan o de Laura Laura Wingfield en The Glass Menagerie|Klaasist loomaaed de Tennessee Williams, Éliante en Le Misanthrope|Misantroop de Molière, Marie Under en Siuru õhtu 100 de Hugo Raudsepp, Karen en Saraband con texto de Ingmar Bergman ou Lauren en Kriidiaed de Enid Bagnold. En 2019 logrou o premio Kristallkingakese que se outorga a actores novos no ámbito teatral.
No cinema debutou en 2016 cun papel en Polaarpoiss de Anu Aun e ao ano seguinte actuou en Keti lõpp pero o seu papel máis relevante foi o de Mari no filme de Tanel Toom Tõde ja õigus, o filme estoniano con maior recadación dende a independencia e recibiu o premio ao mellor filme estoniano de 20019 da Asociación Estoniana de Xornalistas de Cinema[3] e o 2 de setembro de 2020 Kuntu recibiu o premio da Cinema e Televisión Estoniana (EFTA) á mellor actriz pola súa interpretación no filme[4].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Ester Kuntu". efis.ee.
- ↑ Liisu Lass:Ester Kuntu: inimese tuum on täpselt sama nagu "Tõe ja õiguse" tegevuse ajal ERR, 27 de decembro de 2019
- ↑ "Truth and Justice selected best film of 2019 by Estonian film journalists". EER. 5 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Tanel Toom: „Ma olen kohutavalt õnnelik, et saan teha, mida armastan.“". ELU. 3 de setembro de 2020.