Estela San José

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEstela San José
Biografía
Nacemento1973 Editar o valor em Wikidata (50/51 anos)
Valladolid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxuíza Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Estela San José Asensio[1], nada en Valladolid en 1973, é unha xuíza española, que durante unha década foi titular do xulgado de instrución de Lugo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nada en Valladolid, converteuse en xuíza e en 2006 foi destinada a Lugo para facerse cargo do xulgado de instrución da cidade. En 2008, mentres investigaba unha trama de explotación a inmigrantes en Lugo, atopou unha rede fraudulenta para a retirada de multas de tráfico na Xefatura de Tráfico luguesa. Esta investigación xudicial acabou por custarlle o posto ao xefe provincial de Tráfico e ao Subdelegado do Goberno en Lugo, Jesús Otero Calvo (PSOE). A maior parte dos investigados foron finalmente absoltos, incluídos a que despois sería alcaldesa de Lugo, Lara Méndez[2].

En 2011 iniciou a investigación da Operación Campión, que levou a prisión o empresario Jorge Dorribo e a Joaquín Varela de Limia, director do Instituto Galego de Promoción Económica, e que causou a dimisión política do popular Pablo Cobián Fernández e do nacionalista Fernando Blanco Álvarez.

En 2015 deixou a cidade de Lugo e marchou a Huelva para facerse cargo do Xulgado 3 do Penal[3], onde continuaba na primavera de 2018.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Perfil da maxistrada en LinkedIn". LinkedIn. Consultado o 7 de marzo de 2022. 
  2. "«No me arrepiento de nada de lo que hice en Lugo», dice la jueza Estela San José antes de irse a Huelva". La Voz de Galicia (en castelán). 2015-02-12. Consultado o 2018-03-27. 
  3. vtelevisiongalicia (2016-12-14). "Estela San José: «Me voy porque aquí no hay medios»". Consultado o 2018-03-27.