Saltar ao contido

Esteiro de Redondela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°17′15″N 8°36′59″O / 42.287619918731, -8.6162807857062

Desembocadura do río Alvedosa, e a marisma que dá comezo ao esteiro.
Río Alvedosa, que xunto ao río Pexegueiro forma o esteiro.

O esteiro de Redondela é un pequeno esteiro situado no concello pontevedrés de Redondela. Está formado pola desembocadura dos ríos Alvedosa e Pexegueiro, que finalmente tributan á enseada de San Simón, na ría de Vigo. Está delimitado pola Punta da Portela no suroeste e a Punta da Canteira no noroeste.[1] O esteiro é unha área de importante marisqueo, xa que os ríos que nel desembocan arrastran unha gran cantidade de sedimentos de gran fino que dan lugar a unha chaira intermareal e áreas de marisma na súa beira.

  1. Xunta de Galicia (ed.). "Esteiro de Redondela". Plan de Ordeación do Litoral. Consultado o 21 de abril de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]