Esteban González
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 14 de xaneiro de 1962 Buenos Aires | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 1982 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Esteban Fernando González Sánchez, máis coñecido como Gallego González, nado en Buenos Aires o 14 de xaneiro de 1962, é un exfutbolista arxentino que xogaba como dianteiro.[1] Gañou a liga arxentina con tres equipos diferentes (Ferro Carril Oeste, Vélez Sársfield e San Lorenzo) e foi internacional nunha ocasión coa selección arxentina.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Debutou con Ferro Carril Oeste na Primeira División o 11 de abril de 1982 no Torneo Nacional de 1982, competición da que o seu club se acabou proclamando campión. Repetiu título en 1984. Ese ano sufriu un grave accidente de tráfico, no que sufriu luxacións, unha fractura de cranio e varias fracturas óseas, o que puxo en perigo a súa carreira futbolística, pero volveu á boa forma e continuou a súa carreira con Ferro. Abandonou o club en 1987, cun balance de 140 partidos e 43 goles. É o máximo goleador de Ferro en partidos internacionais.[1]
Tras un breve paso polo Deportivo Español, en 1988 marchou a España para xogar no Málaga pero regresou a Arxentina só unha tempada despois para xogar no Vélez Sarsfield. Na súa segunda tempada (1990/91) con Vélez Sarsfield, marcou 18 goles converténdose no máximo goleador da Primeira División. Pouco despois contribuíu a que Vélez gañase o Clausura de 1993, 25 anos despois do seu último título. Gañou tamén a Copa Libertadores de 1994, pero só participou en dous encontros no torneo. Con Vélez disputou 100 partidos e converteu 48 goles.
En 1994 fichou por San Lorenzo de Almagro e formou parte do equipo que gañou o campionato Clausura de 1995, ás ordes do Bambino Veira. Foi ademais o autor do histórico gol contra Rosario Central que lle deu o título ao seu club, nun estadio Gigante de Arroyito ateigado con máis de 30.000 seareiros de San Lorenzo.[2] Posteriormente xogou con Quilmes na Primeira B Nacional até a súa retirada.
Trala súa retirada, foi axudante de Óscar Ruggeri en San Lorenzo, antes de se converter en axente de futbolistas. En 2011 tomou as rendas do primeiro equipo de San Lorenzo como adestrador interino trala saída de Omar Asad e antes da chegada de Leonardo Madelón. Co Pampa Biaggio como axudante, dirixiu ao conxunto de Boedo na vitoria por 2-1 ante Villa Dálmine na Copa Arxentina.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 "Esteban Fernando González". laferropedia.com (en castelán). Consultado o 17 de xuño de 2025.
- ↑ "Tres historias de un título: así recuerdan los hinchas de San Lorenzo la consagración en Rosario, 25 años después" (en castelán). 24 de xuño de 2020. Consultado o 17 de xuño de 2025.