Estatuto de Autonomía de Cataluña de 1979

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Estatuto de Autonomía de Cataluña (en catalán: Estatut d'Autonomia de Catalunya), tamén coñecido como Estatut de Sau, foi unha lei orgánica promulgada o 18 de decembro de 1979 que outorgaba a Cataluña un réxime de autonomía. Converteuse na norma institucional básica de Cataluña de acordo co establecido no título oitavo da Constitución española de 1978. Definía os dereitos e deberes da cidadanía de Cataluña, as institucións políticas da nacionalidade catalana, as súas competencias e relacións co Estado e o financiamento da Generalitat de Cataluña. Foi publicado no Diari Oficial de la Generalitat de Catalunya o 31 de decembro de 1979.

As institucións políticas definidas no Estatut integran a Generalitat de Cataluña.

O 18 de xuño de 2006 a cidadanía catalá aprobou en referendo, despois dun largo e polémico proceso de redacción, o novo Estatuto de Autonomía de Cataluña de 2006 que actualmente, substitúe ao Estatut de 1979 como norma institucional básica de Cataluña.

Historia[editar | editar a fonte]

A primeira campaña a prol do estatuto de autonomía data de 1918, impulsada pola Mancomunidade de Cataluña co Proxecto de Estatuto de Autonomía de Cataluña de 1919.

Pero non é ata que nas primeiras eleccións democráticas a Cortes dende 1636, o 15 de xuño de 1977, Cataluña deu a maioría ás forzas políticas que defendían o restablecemento da Generalitat e da autonomía, disoltas en xaneiro de 1939 por unha lei do Estado español.

A diada do Once de Setembro daquel mesmo ano, centos de miles de cataláns manifestáronse no mesmo sentido na cidade de Sant Boi de Llobregat baixo o lema Llibertat, amnistia, Estatut d'Autonomia (Liberdade, amnistía, Estatuto de Autonomía).

Estes factores forzaron ao Goberno español presidido por Adolfo Suárez ao restablecemento da Generalitat provisional o 29 de setembro de 1977 e a permitir o retorno do exilio do presidente Josep Tarradellas, o seu nomeamento "formal" como President e a constitución dun goberno provisional para preparar o estatuto e as posteriores eleccións de 1980.

O 18 de decembro de 1979, o rei Xoán Carlos I sancionou, como lei orgánica do Estado, o Estatuto de Autonomía de Cataluña (Lei Orgánica 4/1979, de 18 de decembro, publicada no Boletín Oficial del Estado de 22 de decembro de 1979 e no Diari Oficial de la Generalitat de Catalunya o 31 de decembro do mesmo ano).

O Estatut[editar | editar a fonte]

Monumento en homenaxe ao Estatut de Sau diante do Parador de Turismo de Vic-Sau.

O Estatuto de Autonomía recoñece a Cataluña como unha nacionalidade que exerce o seu autogoberno constituída como Comunidade Autónoma do Estado español. A través do Estatut, Cataluña accede ao seu recoñecemento como pobo cunha cultura, unha historia e unha lingua propias.

A lei orgánica do Estatuto de Autonomía define as institucións catalás, agrupadas na Generalitat, as competencias e as relacións co Estado español. A institución encargada de aprobar, modificar ou derogar as leis é o Parlamento de Cataluña. En cada lexislatura apróbanse, proxéctanse, propóñense, deróganse e modifícanse as leis da lexislatura anterior.

O Estatut foi aprobado polo pobo catalán nun referendo e ratificado polas Cortes Xerais en novembro de 1979.

O proxecto do Estatut foi elaborado oor deputados e senadores das Cortes españolas, a chamada Comissió dels Vint (Comisión dos Vinte), que comezou a tarefa de redactar o anteproxecto do Estatut o 8 de setembro de 1978. A primeira redacción tivo lugar en varias reunións celebradas en Barcelona e, entre o 12 e 15 de setembro, no parador de turismo da localidade de Vilanova de Sau, motivo polo que tamén se coñece como Estatut de Sau[1][2]. Así continuaba a tradición de nomear as cartas magnas catalás co nome do lugar onde foron redactadas, como o Estatuto de Núria de 1932.

Os padres do Estatut ou Comissió dels Vint foron: Macià Alavedra (CDC), Miquel Roca Junyent (CDC), Laureà López Rodó (AP), Eduardo Martín Toval (PSC), Josep Andreu Abelló (PSC), Josep Maria Triginer i Fernández (PSC), Josep Benet (independente polo PSUC), Felip Solé Sabarís (PSC), Jaume Sobrequés (Independente polo PSC), Josep Subirats (PSC), Josep Sendra i Navarro (CDC), Jordi Solé Tura (PSUC), Josep Solé Barberà (PSUC), Dolors Calvet i Puig (PSUC), Josep Verde Aldea (PSC), Marcel·lí Moreta (UCD), Anton Cañellas (CC-UCD), Joaquim Arana (ERC), Manuel de Sárraga Gómez (UCD) e Carles Güell de Sentmenat (CC-UCD). Tiveron especial protagonismo no proceso de elaboración do Estatutos deputados Miquel Roca, Jordi Solé Tura e Eduard Martín Toval..

Reforma do Estatut[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sobrequés i Callicó, Jaume (xullo de 2010). L’Estatut de la Transició. L’Estatut de Sau (1978-1979) (PDF). Barcelona: Parlament de Catalunya. p. 32. Consultado o 27 de febreiro de 2016. 
  2. Santacana i Torres, Carles (2004). Política y ordenación territorial en Cataluña durante la transición y la autonomía. Anales de Historia Contemporánea. p. 229. ISSN 0212-6559. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]