Estatuto da Xudería

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
O rei Eduardo I de Inglaterra aprobou o estatuto en 1275.

O Estatuto da Xudería (en inglés: Statute of the Jewry) foi un estatuto emitido por Eduardo I de Inglaterra en 1275. Impuxo unha serie de restricións sobre osxudeus de Inglaterra, sendo máis notable a prohibición da práctica da usura.[1]

Contexto[editar | editar a fonte]

Xudeus medievais obrigados a levar un sombreiro especial.

Desde o momento da conquista normanda, os xudeus foran enchendo un pequeno pero importante papel na economía inglesa. A Igrexa católica prohibiu aos cristiáns a práctica da usura, pero os xudeus foron autorizados para actuar como prestamistas e banqueiros. Esta posición permitiu que algúns xudeus acumularan gran riqueza, pero tamén lles valeu a inimizade do pobo inglés,[2]  o que supuxo o aumento dos sentimentos antisemitas da época, debido ao xeneralizado endebedamento e ruína financeira entre a poboación.

Cando Eduardo I volveu das Cruzadas en 1274, dous anos despois do seu ascenso ao trono de Inglaterra, descubriu que a terra se convertera nunha mercadoría, e que moitos dos seus súbditos quedaran desposuídos dela e estaban en perigo de miseria. Os xudeus negociaron coa terra a cambio de diñeiro, e as distintas propiedades da poboación quedaban hipotecadas aos prestamistas xudeus.

Como súbditos directos do monarca, os xudeus podían ser obrigados a pagar tributo de xeito indiscriminado. Algúns describiron a situación como unha usura indirecta: o monarca permitía e fomentaba entre os xudeus a práctica da usura e despois impoñíalles impostos sobre seus os beneficios. Nos anos previos á aprobación do Estatuto, Eduardo estableceu fortes tributos aos xudeus para axudar a financiar as súas campañas militares en Gales, que comezaron en 1277. Segundo os estudos realizados, suxeriuse que o rei xa esgotara os recursos financeiros da comunidade xudía cando o estatuto quedou aprobado en 1275.[1]

Disposicións[editar | editar a fonte]

  • A usura foi prohibida en calquera forma.
  • Os debedores dos xudeus quedaban liberados de determinadas débedas.
  • Os xudeus non estaban autorizados a vivir no exterior de certas cidades e vilas.
  • Calquera xudeu por riba da idade de sete anos tiña que usar un distintivo amarelo de feltro na súa roupa exterior, de 6x3 polgadas.
  • Todos os xudeus maiores aos 12 anos tiñan que pagar un imposto anual especial de tres peniques.
  • Os cristiáns tiñan prohibido vivir entre os xudeus.
  • Os xudeus foron licenciados para mercar terras para facer a súa vida durante os seguintes 15 anos.
  • Os xudeus poderían partir de aí para vivir en Inglaterra, mais só como comerciantes, agricultores, artesáns ou soldados.

A licenza para mercar a terra foi incluída de xeito que a agricultura, xunto coa negociación, podería dar aos xudeus unha oportunidade para gañar a vida coa abolición da usura. Porén, outras disposicións xunto cos prexuízos xeneralizados fixo que a vida resultara difícil en moitos casos.[3]

Despois de quince anos, foi descuberto que os xudeus continuaban en segredo practicando amplamente a usura, o que levou a Eduardo a emitir o Edicto de expulsión en 1290.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Prestwich, Michael. Edward I p 345 (1997) Yale University Press. ISBN 0-300-07157-4.
  2. Rubenstein, W.D. A History of the Jews p 36 (1996) Macmillan Press. ISBN 0-333-55833-2.
  3. Glassman, David. Anti-Semitic Stereotypes p 17 (1975) Wayne State University Press. ISBN 0-8143-1545-3.
  4. Parkes, James. The Jew in the Medieval Community p 394 (1976) Hermon Press. ISBN 0-87203-059-8.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]