Saltar ao contido

Estados membros da OTAN

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
embros da OTAN resaltados en azul.
Cronoloxía dos países que deveñen membros da OTAN ata 2020. Os países marcados en azul escuro eran xa membros da OTAN nese momento, mentres que os países marcados co azul claro indican os novos membros.

A OTAN (Organización do Tratado do Atlántico Norte) é unha alianza internacional composta de 30 estados membros de Europa, América do Norte, e Asia. Estabeleceuse coa sinatura do Tratado do Atlántico Norte o 4 de abril de 1949. O Artigo Cinco do tratado expón que se un ataque armado acontece contra algún dos estados membros, será considerado un ataque contra todos eles, polo que os demais estados membros asistirán ao membro atacado, con forzas armadas se é preciso.[1]

Dos 30 países membros, 27 atópanse principalmente en Europa, dous en América do Norte, e un en Asia. Entre 1994 e 1997, creáronse foros máis amplos para a cooperación rexional entre a OTAN e os seus veciños, como a Asociación para a Paz, a iniciativa do Diálogo mediterráneo e o Consello de Asociación Euro-Atlántico.

Todos os membros teñen exércitos, agás Islandia, que non posúe un exército típico (mais ten unha garda costeira e unha pequena unidade de especialistas civís para as operacións da OTAN). Tres dos membros da OTAN son países con armamento nuclear: Francia, Reino Unido e Estados Unidos. A OTAN conta con 12 estados membros fundadores. Tres novos estados asociáronse entre 1952 e 1955, e un cuarto membro uniuse en 1982. Dende 1999 a 2020, despois da fin da Guerra Fría, a OTAN engadiu 14 membros máis.

Actualmente a OTAN recoñece a Bosnia e Hercegovina, Xeorxia, e Ucraína como membros candidatos na súa política de ampliación de Portas Abertas.[2]

Fundación e cambios na afiliación

[editar | editar a fonte]

Dezaoito estados uníronse á OTAN dende a súa fundación en 1949 por 12 países (Bélxica, Canadá, Dinamarca, Francia, Islandia, Italia, Luxemburgo, Países Baixos, Noruega, Portugal, Reino Unido e Estados Unidos). O maior aumento de membros produciuse en 2004 cando se uniron 7 países. Ata agora, ningún país saíu da alianza.

As adicións do século XX inclúen a Grecia e Turquía en 1952, Alemaña do Oeste en 1955, e España en 1982. Tres países do antigo Pacto de Varsovia, Hungría, República Checa e Polonia adheríronse en 1999. Coa reunificación alemá en 1990 incorporouse o territorio da antiga Alemaña do Leste. En maio do 2000, 10 países do Báltico e de Europa do Leste formaron o grupo Vilnius para cooperar para afiliación na OTAN.

As adicións do século XXI comezaron en 2004 cando se uniron sete estados do grupo Vilnius (Bulgaria, Estonia, Letonia, Lituania, Romanía, Eslovaquia, Eslovenia). Os tres restantes asociáronse posteriormente, Albania e Croacia en 2009 e Macedonia do Norte en 2020. Montenegro uniuse en 2017.

Países membros

[editar | editar a fonte]
BandeiraMapa Estado membroCapitalAdhesión[3] PoboaciónÁrea[4]
AlbaniaTirana 1 de abril de 20093,088,385 28748 km2 (11100 sq mi)
Alemaña[5]Berlín 8 de maio de 195579,903,481 357022 km2 (137847 sq mi)
BélxicaBruxelas 24 de agosto de 194911,778,842 30528 km2 (11787 sq mi)
BulgariaSofía 29 de marzo de 20046,919,180 110879 km2 (42811 sq mi)
CanadáOttawa 24 de agosto de 194937,943,231 9984670 km2 (3855103 sq mi)
CroaciaZagreb 1 de abril de 20094,208,973 56594 km2 (21851 sq mi)
DinamarcaCopenhague 24 de agosto de 19495,894,687 42943 km2 (16580 sq mi)[6]
EslovaquiaBratislava 29 de marzo de 20045,436,066 49035 km2 (18933 sq mi)
EsloveniaLiubliana 29 de marzo de 20042,102,106 20273 km2 (7827 sq mi)
EspañaMadrid 30 de maio de 198247,260,584 505370 km2 (195124 sq mi)
Estados UnidosWashington, D.C. 24 de agosto de 1949334,998,398 9833520 km2 (3796743 sq mi)
EstoniaTalín 29 de marzo de 20041,220,042 45228 km2 (17463 sq mi)
FranciaParís 24 de agosto de 194968,084,217 643427 km2 (248429 sq mi)
GreciaAtenas 18 de febreiro de 195210,569,703 131957 km2 (50949 sq mi)
HungríaBudapest 12 de marzo de 19999,728,337 93028 km2 (35918 sq mi)
IslandiaReiquiavik 24 de agosto de 1949354,234 103000 km2 (39769 sq mi)
ItaliaRoma 24 de agosto de 194962,390,364 301340 km2 (116348 sq mi)
LetoniaRiga 29 de marzo de 20041,862,687 64589 km2 (24938 sq mi)
LituaniaVilnius 29 de marzo de 20042,711,566 65300 km2 (25212 sq mi)
LuxemburgoLuxemburgo 24 de agosto de 1949639,589 2586 km2 (998 sq mi)
Macedonia do NorteSkopje 27 de marzo de 20202,128,262 25713 km2 (9928 sq mi)
MontenegroPodgorica 5 de xuño de 2017607,414 13812 km2 (5333 sq mi)
NoruegaOslo 24 de agosto de 19495,509,591 323802 km2 (125021 sq mi)
Países BaixosÁmsterdam 24 de agosto de 194917,337,403 41543 km2 (16040 sq mi)
PoloniaVarsovia 12 de marzo de 199938,185,913 312685 km2 (120728 sq mi)
PortugalLisboa 24 de agosto de 194910,263,850 92090 km2 (35556 sq mi)
Reino UnidoLondres 24 de agosto de 194967,081,000 243610 km2 (94058 sq mi)
República ChecaPraga 12 de marzo de 199910,702,596 78867 km2 (30451 sq mi)
RomaníaBucarest 29 de marzo de 200421,230,362 238391 km2 (92043 sq mi)
TurquíaAnkara 18 de febreiro de 195282,482,383 783562 km2 (302535 sq mi)
  1. "Frequently Asked Questions About NATO:". 1949-04-04. Consultado o 2008-06-16.
  2. "he most important players in the North Atlantic Treaty Organization are the member countries themselves.". n.d. Consultado o 3 de marzo de 2022.
  3. "Member countries". 24 de marzo de 2020. Consultado o 29 de marzo de 2020.
  4. "NATO intelligence". Consultado o 3 de marzo de 2011.
  5. Alemaña uniuse orixinariamente á OTAN como Alemaña do Oeste. O antigo estado de Alemaña do Leste pasou a formar parte da OTAN despois da reunificación alemá.
  6. "AREA". Statistics Denmark. Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2019. Consultado o 29 de xaneiro de 2022.