Estado confesional

O estado confesional é aquel estado que se adhire a unha relixión específica, chamada relixión oficial, igrexa estatal ou Igrexa estabelecida. Esta situación pode ser simplemente o resultado de usos e costumes ou tradición, ou reflectida na súa lexislación, especialmente na constitución do país.
O feito de que o estado recoñeza unha relixión oficial, non significa que non se permita practicar con liberdade outras relixións, ora publicamente ora de maneira restrinxidas ao eido privado. Esa situación é a de tolerancia relixiosa ou intolerancia, respectivamente.
Estados confesionais actuais
[editar | editar a fonte]Nesta lista inclúense os estados que teñen unha relixión considerada como oficial na súa constitución. Israel defínese como un estado xudeu, mais por mor da polisemia do termo non se pode asegurar que sexa un estado confesional.
Cristianismo
[editar | editar a fonte]- Cidade do Vaticano (Teocracia)
- Costa Rica
- Dinamarca
- Grecia
- Inglaterra
- Islandia
- Liechtenstein
- Malta
- Noruega
Islam
[editar | editar a fonte]- Afganistán
- Alxeria
- Arabia Saudita
- Bangladesh
- Brunei
- Comores
- Exipto
- Emiratos Árabes Unidos
- Iemen
- Irán (Teocracia)
- Iraq
- Kuwait
- Libia
- Malaisia
- Maldivas
- Mauritania
- Marrocos
- Omán
- Paquistán
- Qatar
- Somalia
- Tunisia
- Xordania