Estadio Multiusos de San Lázaro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°52′57.96″N 8°30′57.65″O / 42.8827667, -8.5160139

Multiusos de San Lázaro
Vista do Estadio de San Lázaro.jpg
Exterior
San Lázaro Rugby1.jpg
Interior
Datos
Localización Santiago de Compostela Flag of Galicia.svg
Construción
Inauguración 24 de xuño de 1993
Arquitecto Andrés Fernández-Albalat Lois
Estadio
Superficie herba
Dimensións 105x68 m
Capacidade 13.000
Propietario Concello de Santiago de Compostela
Localía SD Compostela (1993–presente)
SD Ciudad de Santiago (2006–2009)

O Estadio Multiusos de San Lázaro é un estadio situado no barrio de San Lázaro, na cidade de Santiago de Compostela. Na actualidade é o feudo local do SD Compostela. Nel caben 13.000 persoas, e as súas dimensións son 105 x 68 metros.

Nas súas instalacións teñen a súas sedes a Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, o departamento de Deportes do Concello de Santiago, a Delegación local de Fútbol, a Federación Galega de Baloncesto, a Federación galega de Caza, a Escudería Compostela, o Comité local de árbitros de Fútbol e o Moto Club Compostela.

Historia[editar | editar a fonte]

Fútbol[editar | editar a fonte]

Formado en 1962, a SD Compostela comezou xogando no Estadio da Residencia da Universidade de Santiago de Compostela mentres se remataba a construción do Campo Municipal de Santa Isabel. O 22 de setembro de 1963 inaugurouse dito campo. Tiña un peche sinxelo cunha cuberta, e en 1969 instalouse nel unha tribuna e uns focos luminosos, cun custo de 1 millón de pesetas. A SD Compostela xogou nese campo ata 1993 (o seu filial ata o 2003, cando o campo foi remodelado como parte do Centro Municipal de Deportes, co nome de Santa Isabel).

Os traballos de construción do Multiusos de San Lázaro comezaron en 1991, no arrabalde leste da parroquia de San Lázaro. O estadio ten forma oval e o tellado de cor terracota, deseñado para aguantar unha posible ampliación cun segundo chanzo no lado oeste. O campo está rodeado dunha pista de atletismo de 400 metros de lonxitude, algo inusitado nos estadios españois. A maior parte dos seareiros poden estar sentados en cadeiras individuais, todos eles baixo cuberto.

A inauguración tivo lugar o 24 de xuño de 1993, cun torneo a catro entre o Deportivo de la Coruña, CD Tenerife, CA River Plate e São Paulo FC. O Dépor e o River Plate xogaron o primeiro partido, marcando Bebeto o primeiro gol.

Atletismo[editar | editar a fonte]

O Estadio Municipal de San Lázaro ten unha das 2 pistas de atletismo da capital galega, sendo a outra a do Estadio Universitario. A pista de atletismo de San Lázaro ten 8 carreiros pero realmente non chega ós 400 metros de lonxitude (por uns centímetros), polo cal o concello de Santiago de Compostela nunca puido acadar a homologación por parte da Federación Galega de Atletismo para a disputa de competicións oficiais. Non obstante, varios clubs de atletismo locais empregan as instalacións de atletismo do estadio para adestrar, sendo o número de usuarios rexistrados próximo ós 350, uns 300 federados e outros 50 particulares. Actualmente o horario de apertura para adestrar é de 17:00 a 22:00 horas, e calquera persoa pode empregar as instalacións de balde, previo rexistro nas oficinas do estadio.

Eventos deportivos[editar | editar a fonte]

Encontros da selección galega de fútbol
Galicia Flag of Galicia.svg 3 – 2 Flag of Uruguay.svg Uruguai 29 de decembro de 2005 – San Lázaro, Santiago de Compostela
Asistencia: 12.000 espectadores
Árbitro: Bernardino González Vázquez
Nano Soccerball.svg 9'
Deus Soccerball.svg 48' Soccerball.svg 79'
Informe Pereira Soccerball.svg 83'
Albín Soccerball.svg 91'
 
Encontros da selección española feminina de fútbol
España Flag of Spain.svg 4 – 1 Flag of Austria.svg Austria 15 de febreiro de 2012 – San Lázaro, Santiago de Compostela
Asistencia: 3.000 espectadores
Árbitro: Beatriz Gil Gozalo
Sonia Soccerball.svg 61'
Marta Soccerball.svg 65'
Priscila Soccerball.svg 68'
Willy Soccerball.svg 91'
Informe Manhart Soccerball.svg 5'
 
Encontros da selección española de rugby
16 de marzo de 2013
18:00h
España España 9 - 9 Flag of Portugal.svg Portugal San Lázaro: 3.500 espectadores.
Árbitro: Francia Cedric Marchat

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]