Estadio da Cidade de Noyemberyan
Estadio da Cidade de Noyemberyan | |
---|---|
Coordenadas | 41°10′21″N 44°59′53″L / 41.1725, 44.9981 |
Inauguración | 18 de outubro de 2013 |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Estadio da Cidade de Noyemberyan (en lingua armenia Նոյեմբերյանի քաղաքային մարզադաշտ) é un estadio de fútbol da cidade de Noyemberyan, na Provincia de Tavush (Armenia).
Historia
[editar | editar a fonte]O campo de fútbol de Noyemberyan era coñecido como O Centro durante a época soviética, foi renovado entre 2008 e 2013. Finalmente, o novo estadio da cidade Noyemberyán foi inaugurado en 18 de outubro de 2013, cunha capacidade de só 100 asentos. Prevese a instalación dunha bancada permanente ao lado norte do campo para aumentar a súa capacidade ata 1.500 asentos.[1]
O custo total do estadio está valorado en 165 millóns de Drams armenios.
Foi terreo de xogo do Aznavour FC de Noyemberyan. O club usou o estadio para as súas competicións nacionais entre 1981 e 1997. No 1997 foi disolto debido ás dificultades económicas.[2]
Actualmente é usado como un centro de adestramento para os equipos de fútbol xuvenís da rexión.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ O estadio foi abre as súas portas de novo. En armenio.
- ↑ "Un estadio sen asentos (en armenio)". Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o 16 de novembro de 2014.