Saltar ao contido

Estadio Municipal de Wrocław

Stadion Miejski we Wrocławiu
Wrocław Editar o valor en Wikidata
 Nome orixinal
    Stadion Miejski we Wrocławiu (pl) Editar o valor en Wikidata
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
Características
 Tipo superficie
Deporte
 Deporte
Implicados
 Arquitecto/a
 Propietario/a
 Operador/a
SMG (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Ocupante
Datas
 Fundación / creación
2011 Editar o valor en Wikidata
 Inauguración
2011 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Capacidade
42.771
42.673 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Códigos e identificadores
OpenStreetMap2240394 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02qrrl7 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

O Estadio Municipal de Wrocław (en polaco: Stadion Miejski we Wrocławiu) é un estadio de fútbol situado na cidade de Wrocław, ao oeste de Polonia. É o estadio que usa como local o Śląsk Wrocław. Comezado a construír en 2009 e inaugurado dous anos despois, ten capacidade para 42.771 espectadores. O exterior do estadio está cuberto por unha malla de fibra de vidro revestida de teflón sustentadas por aneis de aceiro. As cores da fachada poden ser alterados con sistema de alumeamento.

Foi inaugurado en 10 de setembro de 2011 coa loita polo título mundial de boxeo dos pesos pesados (Consello Mundial de Boxeo, WBC) entre Vitali Klitschko e Tomasz Adamek. O primeiro encontro de fútbol foi un mes despois, o 10 de outubro entre Śląsk Wrocław e o Lechia Gdańsk. O partido terminou con vitoria para os locais por 1 a 0, sendo o neerlandés Johan Voskamp o primeiro en marcar no novo estadio.

Eurocopa 2012

[editar | editar a fonte]

O Estadio Municipal de Wrocław albergou durante o campionato tres encontros, todos correspondentes á fase de grupos. Os partidos foron os seguintes:

Data Fase Equipo Resultado Equipo Espectadores
8 de xuño Primeira rolda Rusia
4 - 1
República Checa República Checa
40.803
12 de xuño Primeira rolda Grecia Grecia
1 - 2
República Checa República Checa
41.105
16 de xuño Primeira rolda República Checa República Checa
1 - 0
Polonia Polonia
41.480

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]