Estadio La Fuensanta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 40°04′38″N 2°08′25″O / 40.077222, -2.140278

Estadio La Fuensanta
Datos
LocalizaciónCuenca, España
Estadio
SuperficieCéspede
Dimensións105 x 68
Capacidade3.000
PropietarioConcello de Cuenca
LocalíaUnión Balompédica Conquense

O Estadio La Fuensanta é un estadio de fútbol da cidade de Cuenca, España, onde xoga os seus partidos como local a Unión Balompédica Conquense.

Construíuse sobre uns terreos cedidos por Federico Muelas ao Concello para uso deportivo. O estadio conta, ademais do terreo de xogo, cunha pista de atletismo de arxila, unha tribuna e unha bancada no outro costado do campo e non ten fondos. Como instalacións anexas conta cun polideportivo construído en 2007 pola doazón capital da familia Yufera Recuenco sobre un antigo campo de terra. Tamén se construíron este mesmo ano un campo de fútbol 7 de herba artificial no que antes era unha pista de tenis, un campo de fútbol sala e unha piscina. Estas instalacións están preparadas para ser usadas pola Universidade que se atopa a escasos metros do estadio.