Saltar ao contido

Estadio Alfredo di Stéfano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estadio Alfredo di Stéfano
Madrid Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Epónimo
 Deporte
Persoas e organizacións
 Operador/a
 Ocupante
 Propietario/a
 Arquitecto/a
Datas
 Inauguración
9 de maio de 2006 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Capacidade6.000 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
Wikidata C:Commons

O Estadio Alfredo di Stéfano é un estadio de fútbol, situado na cidade de Madrid, en España. Adopta este nome en homenaxe a Alfredo di Stéfano, xogador do Real Madrid nos anos 1950 e 1960, e considerado un dos mellores xogadores da historia do fútbol mundial.

O estadio sitúase na Ciudad Real Madrid de Valdebebas, entre o recinto feiral de IFEMA e o aeroporto de Madrid-Barajas. O encontro inaugural disputouse ante o Stade de Reims nun partido que culminou con vitoria madridista por 6-1. O defensa madridista Sergio Ramos tivo a honra de marcar o primeiro gol.

Este recinto é a sede de todos os partidos oficiais do primeiro filial madridista, o Real Madrid Castilla.

Datos de interese

[editar | editar a fonte]
  • Capacidade: 7.000 espectadores, cifra que ascenderá ata as 25.000 localidades cando culmine a cuarta fase.
  • Zona de prensa: inclúe dous sets de televisión, catro cabinas para comentaristas e dez cabinas de radio. Ademais hai 28 postos de prensa escrita e 32 de comentarista.
  • Tecnoloxía: Ten as súas propias UCI (Unidade de Control de Instalacións) e UCO (Unidade de Control Organizativo). Ademais, a produción de auga quente obtense por medio de paneis termosolares situados na cuberta do edificio e ten calefacción propia no terreo de xogo e acceso para persoas con mobilidade reducida.
  • Estacionamento: Dispón de amplos aparcadoiros, con capacidade para máis de 800 vehículos, ademais dun aparcadoiro propio para autobuses e outro independente destinado para a afección visitante con capacidade para máis de 10 autobuses.
  • Transporte máis próximo: Metro: Campo de las Naciones. Autobús: 112, 122.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]