Estación de Toural dos Vaos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Estación de Toural dos Vados»)

Coordenadas: 42°32′28″N 6°46′36″O / 42.5411, -6.7767

Toural dos Vados
A estación en 2014.
SituaciónToural dos Vaos (León)
Liñas
Media distanciaIntercity, Rexional Exprés

Toural dos Vaos é unha estación de tren de Adif, situada na vila de Toural dos Vaos, provincia de León. Ten servizos de Media Distancia operados por Renfe. Ten tamén funcións loxísticas.

Situación ferroviaria[editar | editar a fonte]

Está situada no punto quilométrico 265,8 da liña de ancho ibérico que une León e A Coruña, a 427 metros de altitude,[1] entre as estacións da Barosa e Villadepalos. O tramo é de vía única e está electrificado.

Era tamén o quilómetro cero do ramal, parcialmente desmantelado, que a unía con Vilafranca do Bierzo.

Historia[editar | editar a fonte]

A estación foi aberta ao tráfico o 4 de setembro de 1883 coa posta en marcha do tramo Ponferrada-Toural dos Vaos da liña que pretendía unir Palencia coa Coruña.[2] As obras correron a cargo da Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León ou AGL creada para continuar cos proxectos iniciados pola Compañía do Ferrocarril do Noroeste de España e xestionar as súas liñas. En 1885, a mala situación financeira de AGL tivo como consecuencia a súa absorción por parte de Norte.[2] En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a desaparición desta última e a súa integración na reción creada Renfe.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación[editar | editar a fonte]

A estación sitúase ao sur da localidade. O seu amplo edificio para viaxeiros de tres plantas ao que se lle uniron varias estruturas anexas formando un complexo de certa envergadura dan conta da importancia que tivo o lugar. Por iso dispón dunha praia de vías formada por unha vía principal (vía 1) e cinco derivacións da mesma (vías 2, 3, 5, 7 e 9).[3] Desde a estación apréciase o antigo ramal que chegaba a Vilafranca desde o norte. O acceso ás vías realízase grazas a dúas plataformas, unha lateral e outra central.

Servizos ferroviarios[editar | editar a fonte]

Media Distancia[editar | editar a fonte]

Actualizado a 18 de xuño de 2016.

Liña Trens Orixe <> Destino
  Intercity Madrid-Chamartín <> Vigo-Guixar
6 Rexional Exprés León
Ponferrada
<> Vigo-Guixar

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]