Estación de Elx Alta Velocidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Estación de Elx-Matola»)

Coordenadas: 38°14′46″N 0°46′01″O / 38.246091968541, -0.76684478944403

Elx Alta Velocidade
SituaciónElx
Liñas
Alta velocidade

Elx Alta Velocidade (en valenciano: Elx Alta Velocitat, en castelán: Elche Alta Velocidad) é unha estación de ferrocarril situada no concello de Elx, na provincia de Alacant. Atópase na partida rural de Matola, a 6 km da cidade de Elx e a 4 km da veciña localidade de Crevillent.

Entrou en servizo o 1 de febreiro de 2021[1] e ofrece servizos de alta velocidade.

Situación ferroviaria[editar | editar a fonte]

A estación atópase no punto quilométrico 482,2 do ramal de Murcia da Liña de alta velocidade Madrid-Levante e no Corredor Mediterráneo de alta velocidade, liñas ferroviarias que actualmente se atopan en servizo ata Orihuela.

Servizos ferroviarios[editar | editar a fonte]

Dende o 1 de febreiro de 2021 efectúan parada trens AVE do servizo entre as estacións de Madrid-Puerta de Atocha e Orihuela-Miguel Hernández, con paradas dirección Madrid en Albacete-Los Llanos e Cuenca-Fernando Zóbel, cun tempo de viaxe aproximado de 2:10 horas con Madrid e no futuro de 20-25 minutos con Murcia.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Teleelx (29 de enero de 2021). "Pedro Sánchez inaugura este lunes la línea del AVE Madrid-Elche-Orihuela". 
  2. Diario Información. (2 de xuño de 2014). "Madrid-Elche 2 horas y 10 minutos". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]