Estación de Bioloxía Mariña de Inhaca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 26°02′19″S 32°54′17″L / -26.03870556, 32.90459444

Estação de Biologia Marítima de Inhaca

Museo da Facultade
Universidade: Eduardo Mondlane
Localización: illa de Inhaca
Campus: Baía de Maputo
Enderezo: Ilha da Inhaca, Provincia de Maputo, Distrito Municipal KaNyaka
Ano de fundación: 1951
Decano: Manuel Guilherme Junior (reitor da UEM)
Docentes: Agrupados no Conselho de Direcção e cinco (5) Secções
Estudantes: A EBMI conta cunha residencia para 52 persoas e dous espazos de campismo (Ilha dos Portugueses e Ponta Torres)
Teléfono: +258 84 38 99 467
Correo electrónico: A través de formulario en http://www.ebmi.uem.mz/index.php/pt/contactos
Páxina web: http://www.ebmi.uem.mz/

A Estación de Bioloxía Mariña, ou polo seu nome en portugués Estação de Biologia Marítima de Inhaca, na illa de Inhaca, á entrada da baía de Maputo, no sur de Mozambique, é un centro de investigación da Universidade Eduardo Mondlane.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi inaugurado en 1951 polo Instituto de Investigação Científica de Moçambique, para apoiar a investigación da Universidade de Witwatersrand en Suráfrica. [1]

Situación[editar | editar a fonte]

A illa da Inhaca forma parte da Reserva Mariña Parcial da Ponta do Ouro.[2] O complexo está situado preto dunha enseada na beira occidental da illa e está separado da praia por unha franxa de vexetación autóctona, só aberta en dous lugares para o acceso das persoas. Polo lado terrestre, a estación está protexida por unha duna duns 100 m de altura, sobre a cal está a casa do director da estación e un pequeno posto meteorolóxico.

Estrutura[editar | editar a fonte]

A Estación está formada por un bloque con laboratorios, biblioteca e museo e outro con dous dormitorios separados por un conxunto de salas; as salas teñen capacidade para unhas 30 persoas cada unha e normalmente están ocupadas por estudantes de cada sexo, que se desprazan até alí para realizar traballos de campo. As aulas están reservadas para o profesorado.

Museu[editar | editar a fonte]

A Estación de Bioloxía Mariña, cuxo museo -que reflicte as actividades de investigación que alí se desenvolven- non só conta cunha enorme colección de organismos mariños, senón tamén de ecosistemas terrestres.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Estação de Biologia Marítima de Inhaca". Consultado o 18 de novembro de 2020. 
  2. "Reserva Marinha Parcial da Ponta do Ouro-Plano de Maneio" (PDF). Consultado o 18 de novembro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]