Esquerda e dereita (política)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

O termo esquerda e dereita, en se tratando do espectro político, é un sistema de clasificación do pensamento político, so unha análise linear, que identifica dúas posicións antagónicas, de esquerda e de dereita, e unha terceira, de centro, que representaría unha posición moderada que aderezaría ámbalas ideas en oposición.[1][2]

Este sistema recoñece que cada un dos extremos reúne características propias. O pensamento de esquerda ten como principal fundamento a igualdade material entre as persoas, ou sexa, tódolos individuos deberían posuír as mesmas cousas e nas mesmas cantidades, sendo isto a manifestación da xustiza e a eliminación das loitas de clases. Por outro lado, a dereita visa garantir a plena liberdade do individuo, pois recoñece que a igualdade material é imposíbel de se alcanzar, pois cada un toma decisións persoalísimas, sobre o que ter e o que facer, e as desigualdades son froito do esforzo individual. Neste caso, o progreso e a melloría de vida serían alcanzados de modo colectivo por medio da suma de todos os esforzos individuais, no existiría a loita de clases mais a colaboración de sociedade.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Anderson, Perry (2005). Espectro: da direita à esquerda no mundo das ideias (en portugués). Traducido por Fabrizio Rigout. São Paulo: Boitempo. pp. 15–16. ISBN 978-85-7559-143-7. 
  2. Bobbio, Norberto (2001). Direita e esquerda razões e significados de uma distinção política (en portugués). Traducido por Marco Aurélio Nogueira (2 ed.). São Paluo: Unesp. pp. 79–82. ISBN 85-7139-356-7. 
  3. Boragina, Gabriel. La democracia (en castelán). Bubok. p. 15. ISBN 978-0-557-00654-0. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.