Kiekko-Espoo Naiset

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Espoon Kiekkoseura»)
Kiekko-Espoo Naiset
Fundación1988
Cidade Espoo,
Uusimaa
Finlandia Finlandia
EstadioTapiolan urheilupuisto
(750 persoas)
LigaNaisten Liiga
Campionatos16
AdestradorFinlandia Sami Haapanen
CoresAzul mariño, dourado, azul
                 
Na rede
https://www.kiekko-espoonaiset.fi/

Kiekko-Espoo Naiset, ou simplemente Kiekko-Espoo ou K-Espoo, é un equipo feminino de hóckey sobre xeo da cidade de Espoo (Finlandia). Actualmente compite na Naisten Liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés. Xoga os seus partidos como local no Tapiolan urheilupuisto.

Fundado en 1988, é o equipo máis laureado do hóckey sobre xeo feminino finlandés, tendo dominado o campionato nacional durante a década de 2000. En total, o equipo conquistou o campionato quince veces, sendo a última vez que alzou a Aurora Borealis Malja en 2022.

Historia[editar | editar a fonte]

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Os inicios do hóckey sobre xeo feminino en Espoo remóntanse á tempada 1974-75, cando Sabina Ainetdin fundou a organización de Honka. Coa marcha de Sabina a Canadá, Riita Kärävä fíxose cargo da asociación. Kärävä familiarizárase co hóckey sobre xeo no HJK de Helsinqui.[1]

Nesta década o campionato de Finlandia feminino non se disputaba de xeito oficial. O mesmo pasaba co torneo Lipstick, no que participaron os cinco equipos finlandeses rexistrados, así como equipos norteamericanos.[1]

En 1977 Kari Nyman, que xogaba no equipo masculino de Jäähonka, fíxose cargo da dirección do equipo feminino, que en 1979 se alzaría como campión do torneo. O mesmo equipo participou na primeira edición do campionato finlandés feminino na tempada 1982-83, aínda que non conseguiría clasificarse entre os catro mellores equipos e loitar así polo título.[1]

A Jäähonka seguiulle Karakallion Pallo, que se acabaría fusionando con JU-68 para crear a Espoon Kiekkoseura ou EKS en 1988.[1]

Espoon Kiekkoseura (1988-92)[editar | editar a fonte]

Espoon Kiekkoseura (abreviado "EKS") conseguiu o ascenso á SM-sarja na tempada 1989-90, e dende aquela o equipo de Espoo non descendeu de categoría.[1]

Na tempada debut de EKS na máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino de Finlandia o equipo clasificouse para os play-offs, onde finalmente conseguiría a medalla de bronce logo de derrotar a Ässät de Pori no partido pola medalla de bronce,[2] o mesmo resultado que na seguinte tempada, se ben desta vez o partido polo bronce enfrontou ás xogadoras de Espoo fronte a KalPa de Kuopio.[3]

En 1992 varias das xogadoras que conseguiron a medalla de bronce no campionato nacional participaron no Campionato do Mundo que se disputou en Tampere e no que Finlandia conseguiu a medalla de bronce. Entre as xogadoras de Espoo salientou especialmente Hanna Teerijoki, novena máxima anotadora do torneo, tamén estaban no equipo Katri-Helena Luomajoki e Liisa Karikoski.[4][5]

Kiekko-Espoo (1992–1998)[editar | editar a fonte]

En 1992 o equipo mudou o seu nome a Kiekko-Espoo, o mesmo nome que tiña o equipo masculino que daquela tamén competía na máxima categoría, a SM-liiga. O segundo equipo, que disputaba a segunda categoría baixo o nome EKS 2 pasou a denominarse simplemente EKS.[1][6]

Ao longo das seis seguintes tempadas o equipo seguiu repetindo na medalla de bronce, agás nos anos 1995 e 1996, cando se viu afastado das medallas.[7]

Espoo Blues, á época dourada (1998-2016)[editar | editar a fonte]

Camisola das Espoo Blues pertencente a Emma Laaksonen.

Entre 1999 e 2016 o equipo competiu baixo a denominación de Espoo Blues.[8] Entre o ano no que o equipo mudou a súa denominación, e 2005, os Blues conquistou sete campionatos consecutivos. Os títulos de campinas nacionais posibilitaron que o equipo disputara a Copa de Europa, competición na que as de Espoo chegaron á final en 2005 e 2008.[9]

Espoo United (2016–17)[editar | editar a fonte]

En marzo de 2016 Jääkiekko Espoo Oy, o club matriz de Espoo Blues Naiset da SM-sarja e Espoo Blues da Liiga, declarouse en bancarrota cunha débeda estimada de 3 millóns de euros.[10] Como resposta, Jussi Salonoja, un millonario e director de cine finlandés que fora anteriormente propietario dos Espoo Blues entre 2002 e 2012, creou un novo club e organización chamado Espoo United Oy,[11] afirmando que estaba "comprometido a apoiar o hóckey en Espoo."[12] Os equipos de Espoo Blues masculinos e femininos de baloncesto e hóckey sobre xeocomezaron a xogar para Espoo United.

O 15 de agosto de 2017 Salonoja anunciou que Espoo United abandonaba os seus equipos femininos de hóckey sobre xeo e baloncesto por motivos económicos.[13] En palabras de Salonoja: “A razón é dobre: os orzamentos dos equipos masculinos son moito maiores que os dos equipos femininos, polo que a súa dirección é máis demandante, mais por outra parte, [os equipos masculinos] son máis interesantes para os patrocinadores e audiencias”.[14][15]

O futuro do equipo feminino de hóckey sobre xeo mantívose incerto e propuxéronse moias solucións posibles, incluída a adquisición do equipo por parte de HIFK[16] ou a fusión con Espoo Blues Juniorit (un club júnior con fortes vínculos coa franquía).[14]

Espoo Blues, segunda parte (2017-19)[editar | editar a fonte]

Partido das finais da tempada 2018-19 entre o Ilves e as Espoo Blues.

En setembro de 2017 a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo anunciou que apoiara a creación dunha asociación inidependente, Ysikoppi ry, para supervisar o equipo, e que dera a súa aprobación para que competira na tempada 2017–18 baixo a denominación de Espoo Blues.[17][18]

Kiekko-Espoo, segunda parte (2019- )[editar | editar a fonte]

Dende a tempadas 2019-20 o equipo adoptou novamente a denominación de Kiekko-Espoo.[8]

Pavillón[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Tapiolan urheilupuisto.

O Kiekko-Espoo Naiset xoga os seus partidos como local no Tapiola 2, unha pista de xeo situada no distrito de Tapiola da cidade de Espoo. Construída en 2015, ten capacidade para 750 persoas.[19]

Personalidades[editar | editar a fonte]

Xogadoras[editar | editar a fonte]

Cadro actual[editar | editar a fonte]

Actualizado a 23 de xaneiro de 2024.[20]

# Nac Xogador/a Posición[a] S/G[b] Idade Adquirido/a Lugar de nacemento
31 Finlandia Pajarinen, TiiaTiia Pajarinen G E (25 anos) Polvijärvi, Finlandia
35 Finlandia Drufva, MinjaMinja Drufva G E (22 anos) Lohja, Finlandia
53 Finlandia Koljonen, TeaTea Koljonen G E (22 anos)
70 Finlandia Packalen, LilliLilli Packalen G E (19 anos)
5 Finlandia Timonen, VilmaVilma Timonen (A) D (18 anos)
13 Finlandia Eronen, AdaAda Eronen D E (20 anos) Espoo, Finlandia
20 Finlandia Valkjärvi, ReettaReetta Valkjärvi (C) D E (27 anos) Hollola, Finlandia
27 Finlandia Järvinen, RiikkaRiikka Järvinen D E (23 anos)
33 Finlandia Paasilinna, HetaHeta Paasilinna D (19 anos)
34 Polonia Zielinska, JuliaJulia Zielinska D (19 anos)
43 Finlandia Lampinen, JeninaJenina Lampinen D D (18 anos)
61 Finlandia Pöntinen, VeeraVeera Pöntinen D (18 anos)
77 Finlandia Kanerva, BiancaBianca Kanerva D E (18 anos) Kirkkonummi, Finlandia
88 Finlandia Lehtopelto, SiruSiru Lehtopelto (A) D E (27 anos) Lohja, Finlandia
89 Finlandia Saarni, RiiaRiia Saarni D D (16 anos) Lohja, Finlandia
7 Finlandia Holström, ZaidaZaida Holström F D (28 anos) Oulu, Finlandia
12 Finlandia Kemppainen, ElliElli Kemppainen F (18 anos)
15 Finlandia Tuominen, MinnamariMinnamari Tuominen F D (33 anos) Helsinqui, Finlandia
16 Finlandia Koskipalo, NeaNea Koskipalo F E (20 anos)
17 Finlandia Katajamäki, NeaNea Katajamäki (A) F D (27 anos) Espoo, Finlandia
19 Finlandia Haukijärvi, Tinja-MariiaTinja-Mariia Haukijärvi F E (26 anos) Järvenpää, Finlandia
21 Finlandia Toivonen, AliisaAliisa Toivonen F E (23 anos)
22 Finlandia Schalin, JuliaJulia Schalin F E (18 anos) Espoo, Finlandia
23 Finlandia Talvitie, ElsaElsa Talvitie F (19 anos)
24 Finlandia Grönlund, EricaErica Grönlund F E (19 anos)
25 Finlandia Österlund, LindaLinda Österlund F E (29 anos)
28 Finlandia Virtanen, HenniHenni Virtanen F E (21 anos)
61 Finlandia Nuutinen, EmmaEmma Nuutinen F E (27 anos) Helsinqui, Finlandia
62 Finlandia Käyhty, NiaNia Käyhty F E (18 anos)
87 Finlandia Täks, LisetteLisette Täks F E (18 anos) Tartu, Estonia


Capitás[editar | editar a fonte]

Emma Terho (de solteira Laaksonen) exerceu como capitá do equipo de Espoo en dúas etapas distintas.

Ao longo da súa historia o equipo tivo seis capitás, todas elas de nacionalidade finlandesa. Katri-Helena Luomajoki foi a primeira capitá do equipo, desempeñando esta función na tempada 1997-98. Emma Terho e Minttu Tuominen, con catro tempadas cada unha, son as xogadoras que máis tempo desempeñaron este papel. Na seguinte táboa poden verse as distintas capitás do equipo e os períodos nos que desempeñaron a capitanía:[21]

Capitás de Kiekko-Espoo Naiset
Nome(s) Período
Katri-Helena Luomajoki 1997–98
Essi Sievers 2007–2009
Emma Terho (de solteira Laaksonen) 2009–2011
Essi Sievers 2011–12
Emma Terho 2012–2014
Minttu Tuominen 2014–2016
Linda Leppänen (de solteira Välimäki) 2016–17
Minttu Tuominen 2017–2020
Annina Rajahuhta 2020–21
Minttu Tuominen 2021–22
Emmi Rakkolainen 2022-presente

Líderes históricas[editar | editar a fonte]

Karoliina Rantamäki é a xogadora que máis veces vestiu a camisola do equipo de Espoo, así como a súa líder histórica en goles e puntos.

Ao longo da súa historia dúas xogadoras de Kiekko-Espoo Naiset superaron a barreira dos 600 puntos, e tres máis a barreira dos 300 puntos. Nas estatísticas de xogo salientan as figuras de Karoliina Rantamäki e Petra Vaarakallio. Rantamäki é a máxima goleadora da historia do equipo con 355 goles en 338 encontros disputados, ademais é a líder histórica en puntos, cun total de 639. Pola súa banda Vaarakallio é a xogadora que máis asistencias sumou no equipo de Espoo cun total de 351. A continuación os rexistros das cinco máximas puntuadoras históricas do equipo:[22]

Para os significados das abreviaturas véxase estatísticas do hóckey sobre xeo.

Líderes históricas de Kiekko-Espoo Naiset
Xogadora Pos  PX  G   A  Pts
Karoliina Rantamäki F 338 355 284 639
Petra Vaarakallio F 286 280 351 631
Annina Rajahuhta RW 232 192 234 426
Linda Leppänen C 151 174 186 360
Minnamari Tuominen D/C 223 111 218 329

Números retirados[editar | editar a fonte]

En 2008, durante a primeira etapa do equipo baixo a denominación de Espoo Blues, a entidade retirou o número 33 en honor a Päivi Virta. A xogadora nada en Tampere competiu durante 20 anos na máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés, nove dos cales foron nas filas do equipo de Espoo. O número de Virta foi o segundo número feminino retirado na historia do hóckey sobre xeo finlandés.[23] Con todo, na actualidade o Kiekko-Espoo volveu empregar o seu número, que na tempada 2022-23 era empregado por Heta Paasilinna.[24]

Números retirados do Kiekko-Espoo Naiset
Xogador Posición Carreira Referencias
33 Päivi Virta D 1997-2006 [25]

Adestradoras e adestradores[editar | editar a fonte]

Dende a tempada 2013–14 Sami Haapanen exerce como adestrador do equipo. Trátase da segunda etapa de Haapanen á fronte do banco do equipo, ao que dirixiu anteriormente entre 2007 e 2011 baixo a denominación de Espoo Blues Naiset. Co técnico de Espoo o equipo gañou sete dos seus 16 campionatos, así como dúas pratas e un bronce, o que o converte no adestrador máis laureado da historia do equipo. O equipo tivo as seguintes adestradoras e adestradores ao longo da súa historia:[26]

Adestradoras e adestradores do Kiekko-Espoo Naiset
Nome(s) Período
Johanna Ikonen 1998–99
Jari Kalho 2000–01
Hannu Saintula 2001–02
Jari Peltonen 2002–2006
Sami Haapanen 2007–2011
Kai Jansson 2011–13
Sami Haapanen 2013–

Categorías inferiores[editar | editar a fonte]

Espoo é considerado o berce do hóckey sobre xeo feminino en Finlandia. Os clubs femininos da cidade teñen formado numerosas xogadoras destacadas que convirten ao club no máis exitoso do hóckey sobre xeo feminino do país nórdico.[7]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Trofeos colectivos[editar | editar a fonte]

A Aurora Borealis Malja.
SM-sarja/Naisten liiga
  • A Aurora Borealis Malja (Copa Aurora Boreal) é entregada anualmente ao equipo vencedor dos play-offs e campión da Naisten Liiga. É o trofeo principal da competición. Kiekko-Espoo Naiset, e os equipos que o precederon, gañou un total de 15 veces o trofeo: 1999, 2000, 2001, 2002, 2003, 2004, 2005, 2007, 2008, 2009, 2013, 2014, 2015, 2019, 2021, 2022
    • 4 medallas de prata como segundo clasificado dos play-offs: 2010, 2017, 2023, 2024
    • 8 medallas de bronce como terceiro clasificado dos play-offs: 1991, 1992, 1993, 1994, 1997, 1998, 2006, 2016
IIHF European Women's Champions Cup

Trofeos individuais[editar | editar a fonte]

Todos os galardóns individuais inclúen ás xogadoras de Kiekko-Espoo, Espoo Blues e Espoo United.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. As posicións aparecen coas súas abreviaturas en inglés:
    • G: Goalie (porteiro)
    • D: Defenceman (defensa)
    • F: Forward (atacante).
  2. As abreviaturas "S" e "G" fan referencia á man que o xogador emprega para golpear o puck (en galego, disco) co stick (S) (en galego, pau de hockey) ou a que empregan os porteiros para collelo coa garda (G).
Referencias
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Historia" (en finés). Kiekko-Espoo Naiset. Consultado o 2 de decembro de 2021. 
  2. "SM-sarja (W) - 1990-1991" (en inglés). eliteprospects.com. 
  3. "SM-sarja (W) - 1991-1992" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 24 de xaneiro de 2022. 
  4. "Championnats du monde féminins 1992" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 24 de xaneiro de 2022. 
  5. "Finland WC (W) - 1991-1992 ROSTER" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 24 de xaneiro de 2022. 
  6. "1991-92 Finland SM-liiga Standings" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 24 de xaneiro de 2022. 
  7. 7,0 7,1 Oivio, Janne (25 de abril de 2019). "Suomen menestynein naisten jääkiekkoseura löysi uuden kodin – Bluesista tulee taas Kiekko-Espoo". Ilta-Sanomat (en finés). Consultado o 23 de xaneiro de 2022. 
  8. 8,0 8,1 "KIEKKO-ESPOO NAISET" (en finés). Kiekko-EspooNaiset.fi. Consultado o 22 de xaneiro de 2022. 
  9. "Blues Suomen menestynein naisjoukkue!" (en finés). Blues.fi. Arquivado dende o orixinal o 8 de febreiro de 2007. Consultado o 22 de xaneiro de 2023. 
  10. Hiitelä, Juha (12 de abril de 2016). "Konkurssipesä myöntää: Bluesin tilanteeseen ei ratkaisua". Ilta-Sanomat (en finés). Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  11. Lempinen, Marko (28 de abril de 2016). "Nyt se on varmaa: Jussi Salonoja perusti uuden seuran – "Lähetän hakupaperit tänään"". Ilta-Sanomat (en finés). 
  12. "Espoo Unitedin konkurssista tuli virallista". Ilta-Sanomat (en finés). 4 de maio de 2018. Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  13. "Espoo United Cuts Women's Basketball & Ice Hockey Teams". News Now Finland (en inglés). 15 de agosto de 2017. Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2019. Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  14. 14,0 14,1 Oivio, Janne; Lempinen, Marko (15 de agosto de 2017). "Jussi Salonojalta raju ratkaisu: Espoo United hylkää naisjoukkueet". Ilta-Sanomat (en finés). Consultado o 4 de decembro de 2021. 
  15. Foster, Meredith (17 de agosto de 2017). "Espoo United women's team folds one month before puck drop". The Ice Garden (en inglés). Consultado o 4 de decembro de 2021. 
  16. Tammilehto, Teemu; Leinonen, Simu (15 de agosto de 2017). "HIFK on kiinnostunut Salonojan hylkäämästä Espoo Unitedin naisjoukkueesta". Yle.fi (en finés). Consultado o 4 de decembro de 2021. 
  17. "Espoo Unitedin sarjapaikka Naisten Liigassa Ysikoppi ry:lle" (en finés). leijonat.fi. 4 de setembro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2019. Consultado o 29 de xaneiro de 2022. 
  18. Saarinen, Joska (4 de setembro de 2017). "Espoo Unitedin hylkäämä joukkue sai tarvittavat rahat kasaan: "Kumppaneita on sen verran, että uskallamme lähteä kauteen"". Yle Urheilu (en finés). Consultado o 29 de xaneiro de 2022. 
  19. "Kiekko-Espoo" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 4 de decembro de 2021. 
  20. "KOKOONPANO K-Espoo" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 23 de xaneiro de 2024. 
  21. "Kiekko-Espoo - Team Captaincy History" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 4 de decembro de 2021. 
  22. "Kiekko-Espoo - All Time Overall Totals Player Stats" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 16 de xaneiro de 2022. 
  23. "Jääkiekkoleijona numero 235: Päivi Virta (Halonen)" (en finés). leijonat.fi. 15 de decembro de 2016. Consultado o 17 de xaneiro de 2022. 
  24. "JOUKKUE. LIIGA 2022-2023" (en finés). kiekko-espoonaiset.fi. Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2023. Consultado o 22 de xaneiro de 2023. 
  25. "Päivi Halonen" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 17 de xaneiro de 2022. 
  26. "Kiekko-Espoo - Team Staff History" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 22 de xaneiro de 2023. 
  27. "Coupe d'Europe féminine des clubs champions 2005/06" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 16 de xaneiro de 2022. 
  28. "Coupe d'Europe féminine des clubs champions 2007/08" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 16 de xaneiro de 2022. 
  29. "Coupe d'Europe féminine des clubs champions 2009/10" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 16 de xaneiro de 2022. 
  30. "European Women's Champions Cup. 2008-2009 STANDINGS" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 16 de xaneiro de 2022. 
  31. "Coupe d'Europe féminine des clubs champions 2013/14" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 16 de xaneiro de 2022. 
  32. "Coupe d'Europe féminine des clubs champions 2014/15" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 16 de xaneiro de 2022. 
  33. "Awards - Naisten Liiga (W) Best Player (Riikka Nieminen Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 15 de xaneiro de 2022. 
  34. "Awards - Naisten Liiga (W) Best Goaltender (Tuula Puputti Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 15 de xaneiro de 2022. 
  35. "Awards - Naisten Liiga (W) Best Defenseman (Päivi Halonen Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 15 de xaneiro de 2022. 
  36. "Awards - Naisten Liiga (W) Best Forward (Katja Riipi Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 15 de xaneiro de 2022. 
  37. "Awards - Naisten Liiga (W) Most Points (Marianne Ihalainen Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 16 de xaneiro de 2022. 
  38. "Awards - Naisten Liiga (W) Most Goals (Tiia Reima Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 16 de xaneiro de 2022. 
  39. "Kauden 2011-12 palkitut pelaajat, valmentajat ja erotuomarit" (en inglés). Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo. 3 de abril de 2012. Consultado o 16 de xaneiro de 2022. 
  40. "Awards - Naisten Liiga (W) Most Valuable Player in Playoffs (Karoliina Rantamäki Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 16 de xaneiro de 2022. 
  41. "Awards - Naisten Liiga (W) Rookie of the Year (Noora Räty Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 16 de xaneiro de 2022. 
  42. "Awards - Naisten Liiga (W) Fair Play Player (Emma Laaksonen Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 16 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]