Esplendor Geométrico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esplendor Geométrico
OrixeMadrid,, España
Período1980 - presente
Xénero(s)Música Industrial, Noise
Selo(s) discográfico(s)Geometrik
MembrosArturo Lanz, Saverio Evangelista
Antigos membrosGabriel Riaza (1980-1993), Juan-Carlos Sastre (1980-1981)
Na rede
[1]
Facebook: Esplendor-Geom MySpace: esplendorofficial Bandcamp: esplendorgeometrico Spotify: 2fdQ3IohBfaqdzJdLjPQ7S Last fm: Esplendor+Geométrico Musicbrainz: 401ad861-47fb-4845-9995-80c7384e0f89 Songkick: 463608 Discogs: 6614 Allmusic: mn0000198384 Editar o valor em Wikidata

Esplendor Geométrico é un grupo español de música industrial. O grupo formouse en 1980 con Arturo Lanz, Gabriel Riaza e Juan-Carlos Sastre, todos eles exmembros de Aviador Dro y sus Obreros Especializados. Tomaron o nome de Esplendor Geométrico dun poema futurista do escritor italiano Filippo Tommaso Marinetti.

No ano 1981 editaron o seu primeiro sete polgadas, Necrosis en la Poya, co selo Tic Tac, seguido do seu álbum debut, El Acero del Partido en 1982.[1]

En 1985 o grupo formou o seu propio selo, Esplendor Geométrico Discos, e publicou o seu segundo álbum, Comisario de la Luz.

O seu facilmente reconocible estilo de ásperos ritmos industriais desenvolveuse nos seus dous seguintes álbums: Kosmos Kino en 1987 e Mekano Turbo en 1988, este último considerado por moitos como o lanzamento definitivo de EG. Tras o álbum en directo de 1989 Live in Utrecht, as futuras edicións aparecerían co selo Geometrik.[2]

O Sheikh Aljama de 1991 mostra influencias árabes na música, mentres que Veritatis Splendor (1994) e o Balearic Rhythms (1996) mostran unha (polo menos en parte) suavización do seu son tradicionalmente abrasivo.[3]

Arestora o grupo é un dúo, formado por Arturo Lanz e Saverio Evangelista, o último en unirse ao grupo en 1990.[4]

En 1997 Polyglophone amosa o verdadeiro regreso de EG á plena agresión dos seus anteriores traballos e, ao ano seguinte, artistas como Coil e Chris & Cosey contribuíron con versións de temas clásicos de Esplendor Geométrico ao álbum remestura En-co-d-eSplendor.

En 2002 editaron o álbum de EG, Compuesto de Hierro, con influencias chinesas, mentres o dobre CD compilatorio, Anthology 1981 - 2003 tivo boa aceptación en tendas en 2005.

Lanz vive en Pequín e Evangelista en Roma pero o grupo permanece moi activo.[5] Aínda que decote ignorados nas historias de música electrónica / industrial e con moitas das súas edicións extremadamente difíciles de atopar, EG exerceu unha forte influencia, non só na música industrial senón dentro do máis amplo campo da música electrónica. A súa influencia detéctase especialmente no son de artistas como Autechre e Pan Sonic.

Discografía[editar | editar a fonte]

EG en Tolosa 1987.
Gabriel Riaza por volta de 1979
  • Necrosis en la poya 7" (1981)
  • EG-1 casete (1981, reeditada en CD no 2000)
  • El acero del partido LP (1982, reeditado en CD en 2000)
  • Comisario de la luz LP (1985)
  • 1980-1981 casete (1986)
  • En Roma casete (1986)
  • En directo: Madrid y Tolosa casete (1987)
  • Kosmos kino LP (1987, reeditado en CD en 1996)
  • Mekano-turbo LP (1988, reeditado en CD en 1994)
  • Madrid mayo '89 casete (1989)
  • Live in Utrecht LP (1990, reeditado en CD en 1999)
  • Diez años de esplendor 2 x casete (1990)
  • Sheikh aljama (xeque de aljama) CD (1991)
  • 1980-1982 2 x casete (1993)
  • Arispejal astisaró (powerful metal) CD (1993)
  • Veritatis splendor CD (1994)
  • 1983-1987 CD (1994)
  • Nador CD (1995)
  • Tokyo sin fin CD (1996)
  • Treinta kilómetros de radio CD-EP (1996)
  • Balearic rhythms CD (1996)
  • 80's tracks CD (1996)
  • Tarikat 2 x CD (1997)
  • Polyglophone CD (1997)
  • Syncrotrón mini-LP (1998)
  • Compuesto de hierro CD (2002)
  • Anthology 1981-2003 2 x CD (2005)
  • 8 traks & live CD + DVD (2007)
  • Pulsión CD (2009)
  • Desarrollos geométricos CD (2011)
  • Ultraphoon CD (2013)
  • Fluida Mekaniko CD (2016)

Notas

  1. "El acero del partido (Esplendor Geométrico)". RNE.es. 10 de xuño de 2008. Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2016. Consultado o 01 de xuño de 2017. 
  2. "Biografía - Esplendor Geométrico". 
  3. "El Jeque Aljama vuelve a dar que hablar". 
  4. "Esplendor Geométrico". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 01 de xuño de 2017. 
  5. "Concierto – Lo más duro de la movida". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]