Esperanza Gómez González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEsperanza Gómez González
Biografía
Nacemento1894 Editar o valor em Wikidata (129/130 anos)
Vilachá, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlabrega , política Editar o valor em Wikidata

Esperanza Gómez González, nada en Vilachá (A Pobra do Brollón) cara a 1894, foi unha labrega e política galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Labrega, en 1936 estaba viúva e tiña sete fillos. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detida no cárcere de Monforte de Lemos o 13 de febreiro de 1938. Foi xulgada en consello de guerra en Lugo o 15 de xuño de 1938 acusada de auxilio á rebelión e condenada a quince anos e un día de reclusión tempoal. O 26 de marzo de 1940 foi trasladada a prisión de Tarragona. Despois pasou á Prisión Provincial de Mulleres de Barcelona. En 1937 abríronlle expediente de responsabilidades políticas e foi condenada en 1941 a unha sanción de 100 pesetas. Fóronlle embargados os bens para pagar a sanción.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]