Especie extinta na natureza
| Especie extinta na natureza | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||




Unha especie que está extinta na natureza ou extinta en estado silvestre segundo as categorías establecidas pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza (IUCN) é aquela da que só existen exemplares mantidos en catividade ou existe como poboación naturalizada fóra da súa área de distribución histórica.[1][2] Esta clasificación (que na denominación inglesa que dá a IUCN é extinct in the wild, EW) require que se fagan exhaustivas avaliacións nos hábitats coñecidos da especie tendo en conta a estacionalidade, momento do día e ciclo vital.[2][3] Unha vez que unha especie se clasifica como extinta na natureza, a única maneira de que sexa cambiado o seu status ao seguinte de menor perigo, "en perigo crítico"[3] é por medio da súa reintrodución na natureza.[3][4]
Non todas as especies extintas na natureza son necesariamente escasas. Un exemplo é o xénero de plantas Brugmansia, no que as súas sete especies son moi cultivadas como plantas de xardín, mais ningunha delas se pode encontrar xa na natureza.[5]
Reintrodución de especies
[editar | editar a fonte]

A reintrodución de especies é a liberación deliberada de individuos dunha especie na natureza procedentes da catividade ou doutras áreas onde a especie aínda sobrevive. Porén, pode ser difícil reintroducir especies declaradas extintas na natureza, mesmo no caso de que os seus hábitats naturais fosen restaurados, porque pode que se perderan as técnicas de supervivencia, que a miúdo se tansmiten como comportamento aprendido de pais a fillos durante a crianza. Os intentos de reintrodución ou traslados, son complexos e unha fonte común de complicacións é o comportamento do animal unha vez liberado.[6] A adecuación do clima inflúe tamén no resultado da reintrodución.[7] Aínda que se fagan moitos esforzos para trasladar poboacións á súas áreas históricas, o cambio climático pode facer que as áreas que previamente habitaba xa non sexan axeitadas para esa especie.[7]
Ao cabalo de Przewalski rebaixóuselle o seu grao desde "extinto na natureza" a "en perigo" en 2011 despois de décadas de programas de reintrodución.[8] Na China, aínda se clasifican como extintos na natureza, xa que lles dan alimento suplementario en inverno para axudar á súa supervivencia.[8] Dos 2500 exemplares vivos, uns 1360 están na natureza, pero todos os 2500 descenden de só 12 devanceiros capturados na natureza, o que lles causou unha depresión de endogamia que contribue á súa a menor duración da vida e a alta mortalidade, que impiden a conservación.[8]
Os rinocerontes brancos da subespecie do norte Ceratotherium simum cottoni declaráronse extintos na natureza en 2007, e só existen dúas femias en catividade.[9] O San Diego Zoo Global está planeando salvar a esta subespecie usando células vivas tomadas de 12 rinocerontes que foran criopreservadas, converténdoas en liñas de célula nai, usando a fecundación in vitro para crear embrións, e despois usar como nais surrogadas os rinocerontes brancos da subespecie do sur Ceratotherium simum simum.[9] Actualmente, non houbo transferencias de embrións con éxito nestes rinocerontes.[9] Estímase que se tardarán polo menos 40 anos en conseguir o obxectivo de que nazan por este procedemento de 25 a 40 rinocerontes da subespecie do norte (cottoni).[9]
Algunhas persoas critican os esforzos para salvar especies con poboacións tan pequenas debido á posibilidade de endogamia, xa que isto pode reducir a taxa de crecemento da poboación e facela inviable.[10] O propio tamaño efectivo da poboación é outra crítica. O tamaño efectivo da poboación é unha medida da perda de diversidade xenética.[11][11][12]
Especie bandeira
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: especie bandeira.

Unha especie bandeira é aquela que se utiliza para aumentar o apoio a programas de conservación da biodiversidade en determinados contextos. Un exemplo foi o único exemplar que quedaba vivo da subespecie de tartaruga das Galápagos da illa Pinta Chelonoidis niger abingdonii, ao que se lle deu o nome de George o solitario, co que se chamou a atención sobre a conservación das illas Galápagos. A especie xa se consideraba extinta, pero este exemplar foi atopado en 1971. Morreu en 2012.[13][14] Aínda que coa súa morte en catividade a especie pensábase que estaba definitivamente extinta,[15] despois descubríronse en análises xenéticas 17 tartarugs híbridas con xenes desta subespecie, e ideouse un plan para intentar conseguir exemplares puros desta subespecie por cruzamentos xenéticos.[16]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "2001 IUCN Red List Categories and Criteria: Version 3.1" (PDF). IUCN. p. 14. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de xuño de 2010. Consultado o 30 de maio 2010.
- 1 2 "The IUCN Red List Categories and Criteria". IUCN Red List.
- 1 2 3 IUCN. (2003). Guidelines for Application of IUCN Red List Criteria at Regional Levels: Version 3.0. IUCN Species Survival Commission. IUCN, Gland, Switzerland and Cambridge, UK. ii + 26 pp.
- ↑ "Reasons for Changing Category". IUCN Red List.
- ↑ Petruzzello, Melissa. "Extinct in the Wild but Still Around: 5 Plants and Animals Kept Alive by Humans". Encyclopædia Britannica. Consultado o 16 novembro de 2019.
- ↑ Berger-Tal, O.; Blumstein, D. T.; Swaisgood, R. R. (abril de 2020). "Conservation translocations: a review of common difficulties and promising directions". Animal Conservation (en inglés) 23 (2): 121–131. Bibcode:2020AnCon..23..121B. ISSN 1367-9430. doi:10.1111/acv.12534.
- 1 2 Bellis, Joe; Bourke, David; Maschinski, Joyce; Heineman, Katie; Dalrymple, Sarah (decembro de 2020). "Climate suitability as a predictor of conservation translocation failure". Conservation Biology (en inglés) 34 (6): 1473–1481. Bibcode:2020ConBi..34.1473B. ISSN 0888-8892. PMID 32304113. doi:10.1111/cobi.13518.
- 1 2 3 Turghan, Mardan Aghabey; Jiang, Zhigang; Niu, Zhongze (15 de novembro de 2022). "An Update on Status and Conservation of the Przewalski's Horse (Equus ferus przewalskii): Captive Breeding and Reintroduction Projects". Animals 12 (22): 3158. Bibcode:2022Anima..12.3158T. ISSN 2076-2615. PMC 9686875. PMID 36428386. doi:10.3390/ani12223158.
- 1 2 3 4 Ryder, Oliver A.; Friese, Carrie; Greely, Henry T.; Sandler, Ronald; Saragusty, Joseph; Durrant, Barbara S.; Redford, Kent H. (agosto de 2020). "Exploring the limits of saving a subspecies: The ethics and social dynamics of restoring northern white rhinos (Ceratotherium simum cottoni)". Conservation Science and Practice (en inglés) 2 (8 (número de artigo: e241)). Bibcode:2020ConSP...2E.241R. ISSN 2578-4854. doi:10.1111/csp2.241.
- ↑ Bozzuto, Claudio; Biebach, Iris; Muff, Stefanie; Ives, Anthony R.; Keller, Lukas F. (2 de setembro de 2019). "Inbreeding reduces long-term growth of Alpine ibex populations". Nature Ecology & Evolution (en inglés) 3 (9): 1359–1364. Bibcode:2019NatEE...3.1359B. ISSN 2397-334X. PMID 31477848. doi:10.1038/s41559-019-0968-1. hdl:11250/2637691.
- 1 2 Husemann, M; Zachos, F E; Paxton, R J; Habel, J C (outubro de 2016). "Effective population size in ecology and evolution". Heredity (en inglés) 117 (4): 191–192. Bibcode:2016Hered.117..191H. ISSN 0018-067X. PMC 5026761. PMID 27553454. doi:10.1038/hdy.2016.75.
- ↑ Wang, J; Santiago, E; Caballero, A (outubro de 2016). "Prediction and estimation of effective population size". Heredity (en inglés) 117 (4): 193–206. Bibcode:2016Hered.117..193W. ISSN 0018-067X. PMC 5026755. PMID 27353047. doi:10.1038/hdy.2016.43.
- ↑ Gardner, Simon (6 de febreiro de 2001). "Lonesome George faces own Galapagos tortoise curse". Arquivado dende o orixinal o 4 de xuño de 2011.
- ↑ Nicholls, H. (2006). Lonesome George: The Life and Loves of a Conservation Icon. Londres, Inglaterra: Macmillan Science. ISBN 1-4039-4576-4. Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2011. Consultado o 28 de abril de 2011.
- ↑ "Last Pinta giant tortoise Lonesome George dies". BBC News. 24 de xuño de 2012. Consultado o 25 de xuño de 2012.
- ↑ "Scientists: Extinct Galapagos tortoise species could be resurrected". CTV News. 22 de novembro de 2012. Consultado o 25 de novembro de 2012.