Óscar Alzaga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Óscar Alzaga
Nacemento29 de maio de 1942
Lugar de nacementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado e político
PremiosGran Cruz da Orde de San Raimundo de Peñafort, Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes e Orde do Mérito Constitucional
Na rede
Dialnet: 193666
editar datos en Wikidata ]

Óscar Alzaga Villaamil, nado en 1942 en Madrid, é un político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito, avogado mercantilista e catedrático de dereito político, pola súa actividade política foi confinado no concello de Cuevas de Ágreda (Soria) no ano 1969.[Cómpre referencia]

Foi un dos fundadores da UCD, deputado no Congreso dos Deputados (1978-1982), e un dos responsables do afundimento da UCD ó fundar o Partido Demócrata Popular no ano 1982, aliado de Alianza Popular co que formou Coalición Democrática.[Cómpre referencia] Foi deputado con ela entre os anos 1982 e 1986, ano no que o PDP rompeu os seus acordos con AP e Alzaga renunciou ó seu escano, e tralos malos resultados do seu partido retirouse da política.