Éowyn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bosquexo de Éowyn de Rohan.

Éowyn («amante dos cabalos» en anglosaxón) é un personaxe da novela fantástica O Señor dos Aneis, de J. R. R. Tolkien. É unha nobre de Rohan; irmá do mariscal Éomer, que chegou a ser rei de Rohan. É filla de Éomund e Théodwyn, a irmá do rei Théoden. Tolkien descríbea como unha fermosa doncela guerreira, que se designa a si mesma na novela “Shieldmaiden of Rohan”, o que a sitúa na tradición típica dunha skjaldmö das sagas escandinavas.

Adaptacións[editar | editar a fonte]

Miranda Otto na Conferencia do Anel de 2006 en Fulda (Alemaña).

A personaxe de Éowyn aparece moi brevemente no The Lord of the Rings (filme de 1978) producida por Ralph Bakshi en 1978, e carece de diálogo. Na triloxía dirixida por Peter Jackson esta personaxe aparece en The Two Towers e The Return of the King, e é interpretada pola actriz australiana Miranda Otto.