Émile Bernard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Émile Bernard
Nome completoÉmile Henri Bernard
Nacemento28 de abril de 1868 e 1868
Lugar de nacementoLille
Falecemento16 de abril de 1941
Lugar de falecementoParís
SoterradoCimetière parisien de Pantin
NacionalidadeFrancia
EtniaPobo francés
Alma máterAcademia Julian
Ocupaciónpintor, poeta, escritor, ilustrador, fotógrafo, artista visual, artista gráfico, escultor, gravador e acuarelista
CónxuxeAndrée Fort
IrmánsMadeleine Bernard
Coñecido porAdán e Eva, Après le bain, les nymphes e Breton Women at a Wall
PremiosCabaleiro da Lexión de Honra
editar datos en Wikidata ]

Émile Bernard, nado en Lille, Francia, o 28 de abril de 1868 e finado o 16 de abril de 1941, foi un pintor postimpresionista francés.

Comezou os seus estudos na Escola de Belas Artes, facéndose amigo de artistas como Louis Anquetin e Henri de Toulouse-Lautrec. Uniuse ao Atelier Cormon en París en 1884 onde experimentou co impresionismo e o puntillismo.

Despois de que lle suspendesen na École des Beaux-Arts por insubordinación, viaxou pola Bretaña, onde quedou namorado da tradición e a paisaxe. Teorizou sobre un estilo de pinturas de formas groseiras separadas por contornos escuros, o que foi coñecido como cloisonismo. A súa obra mostrou tendencias xeométricas que apuntaban as influencias de Paul Cézanne, e colaborou con Paul Gauguin e Vincent van Gogh. A súa correspondencia con estes artistas é de grande interese para a historia da arte. En 1891 uniuse a un grupo de pintores simbolistas, entre os que estaban Odilon Redon e Ferdinand Hodler.

En 1893 comezou a viaxar, a Exipto, España e Italia, e logo desta experiencia o seu estilo fíxose máis ecléctico. Volveu a París en 1904 e alí morreu en 1941.

Un dos alumnos de Émile Bernard foi o pintor sueco Ivan Aguéli.

Notas[editar | editar a fonte]

  • Emile Bernard: "Notes relative au Symbolisme pictural de 1888-1890" en: Lettres à Emile Bernard -Nouvelle Revue Belgique, 1942
  • Douglas W.Druick e Peter Kort Seghers: "Van Gogh and Gauguin:The Workshop of the South" -Art Institute of Chicago Museum Shop, Paperback, 2001

Fontes[editar | editar a fonte]