Écfrase

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A écfrase é unha figura retórica de pensamento na que se describe unha obra artística por medio da linguaxe.

Exemplos[editar | editar a fonte]

Na Ilíada (XVIII, 403-608), hai unha écfrase do escudo de Aquiles; na Égloga II de Garcilaso de la Vega, aparece a écfrase dunha urna e o que representan os seus relevos. No libro Un home só na néboa (1989) Miguel González Garcés xuntou case cincuenta poemas que fan referencia explícita no seu título a algunha obra artística das tradicións oriental ou occidental, orixinando así cadansúa écfrase, non todas equiparables na súa respectiva organización interna nin na funcionalidade promovida. Dominan os textos vinculados coa pintura pero hai outros asociados a esculturas, debuxos, miniaturas ou baixorrelevos.